Unha aplicación de Google permítelles ás empresas seguir os movementos dos seus empregados

Imaxe da aplicación © Google

Google Maps vén de anunciar un novo servizo, Coordinate, que lles ofrecerá ás empresas un instrumento para rastrear os movementos dos empregados que traballan habitualmente fóra da oficina, como comerciais, autónomos, técnicos ou calquera persoa que realice a súa actividade dende a súa casa, por exemplo.

Coordinate, que xa está dispoñible para Android, funciona activando o GPS nos teléfonos móbiles dos traballadores, permitindo desta maneira que as compañías monitoricen os progresos dos seus empregados e actualicen as tarefas asignadas a cada un deles. Os traballadores tamén poden usar o servizo para comunicarse coa dirección e con otros compañeiros.

Coordinate funciona activando o GPS nos teléfonos móbiles dos traballadores

Google asegura que se precuparon de que esta aplicación sexa "o máis transparente posible", para protexer o dereito á privacidade, pero a aplicación xa espertou críticas e receos. Google responde a estas crítica que o servizo se desconecta cando o empreado sae de traballar ou remata a súa xornada laboral.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.