0 Gardados para despois

"Ola, entusiastas da xeoloxía". Aprendendo ciencia en galego no Youtube

Redacción | @prazapublica

Dende hai unhas semanas pódense ver en Youtube unha serie de 14 vídeos didácticos sobre xeoloxía, realizados polos profesores Xacobo de Toro (IES Urbano Lugrís, de Malpica) e Adela Otero (IES Fernando Wirtz da Coruña). A iniciativa forma parte do proxecto didáctico Xeoclip, composto por unha serie de unidades didácticas interactivas, que se poden completar cos vídeos (con licenza Creative Commons), nos que os mestres debullan de forma clara e amena (e en galega) materias non sempre sinxelas de explicar e entender. Xeoclip conta coa achega, ademais, de dúas asesoras lingüisticas, Luísa Corredoira e Fátima Ruibal. Por suposto, na canle de youtube irán engadíndose novos vídeos.

Non é a primeira vez que Xacobo de Toro emprega vídeos didácticos, pois xa no pasado elaborou con Jorge Gutiérrez varios materiais audiovisuais para o Plan Proxecta Meteoscolas. Tratábase de vídeos máis curtos (tamén en galego) nos que De Toro e Gutiérrez explicaban determinados conceptos ligados coa meteoroloxía e a climatoloxía, dende o vento á composición das nubes ou consellos para saber ler un mapa do tempo.

 

Ciencia e tecnoloxía en Praza.gal ofrecida por

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.