Kernel 2012: tres días de software e cultura libre en Mugardos

Cartaz do encontro CC-BY Praza Pública

A asociación Comunidade o Zulo e o Concello de Mugardos organizan un ano máis un ciberencontro lúdico-tecnolóxico centrado no software libre e a cultura libre. O evento leva celebrándose dende 2004 cunha participación moi variada: dende rapaces de 15 anos até universitarios, electricistas ou informáticos. Segundo os seus organizadores "sentimos paixón polo Software e a Cultura Libre, así que se queres aprender ou ensinar swlibre, no Kernel 2012 terás oportunidade de coñecer a moita xente con intereses comúns". 

As Xornadas de Software Libre son encontros e intentos de achegar outro xeito de mañexar os computadores e a información, dun xeito libre e sen ataduras. O kernel 2012 celebrarase os días 21, 22 e 23 de setembro, cun programa que incluirá charlas, obradoiros, competicións, concertos e mesmo unha CiberLaconada. O encontro inclúe tamén un campionato de OpenArena, un xogo de acción en primeira persoa en 3D e opensource. Non por casualidade din que é "o evento tecnolóxico máis geek de Ferrolterra!". O prezo da inscrición é de dez euros.

O sábado 22 de setembro haberá un encontro aberto no Pub Tropezón en Mugardos para celebrar a segunda edición de Rock no Trope, "unha festa aberta para tódolos amigos e amigas da Comunidade". 

 

Programa

Venres 21

17:00 Apertura

21:00 Drupal #BoF

23:00 Primeira rolda OpenArena


Sábado22

12:00 Charla "Trasno/GalPON"

12:40 Charla "Estudos de saude con software libre"

13:20 Charla "Usos profesionais de GNU/Linux: 5 casos reais"

17:00 Obradoiro: "Iniciación á robótica con Arduino"

19:00 CiberOlimpiada

22:00 PorkoByte: CiberLaconada

23:59 II Rock No Trope

00:00 Café

 

Domingo 23

12:00 Final Campionato OpenArena

13:30 Entrega de premios

17:00 Clausura

Cartaz do encontro CC-BY Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.