A fraude nas publicacións científicas multiplicouse por dez dende 1975

O traballo desvela un crecemento continuado da fraude científica, que repuntou sobre todo a partir de 2000 Dominio Público Praza Pública

Un estudo publicado por PNAS analizou todos os traballos retractados na literatura científica de bioloxía e medicina recollidos pola base de datos Pubmed. Deles, o 67% retirouse por malas prácticas, incluídas a fraude (43%), a publicación duplicada (14%) e o plaxio (10%). As conclusións do traballo sinalan que a porcentaxe de estudos retractados por fraude se multiplicou por 10 dende 1975. O traballo desvela un crecemento continuado da fraude científica, que repuntou sobre todo a partir de 2000. Os casos de plaxio e publicación duplicada (o mesmo estudo en revistas diferentes) só se comezan a observar a partir de 2005. O estudo tamén salienta que China e India plaxian máis que os EE.UU.

A revista Nature aseguraba recentemente que as retractacións aumentaran un 1.200% na última década, mentres que o número total de publicacións crecera un 44%. The Guardian analizaba este fenómeno hai unhas semanas e aseguraba que a causa do aumento das fraudes e das correccións estaba na conectividade global, que facilitaba o coñecemento e análise de traballos publicados en todo o mundo, e tamén na mellora das ferramentas de investigación que permitia unha revisión máis certeira de todas as variables.

Outro estudo recente aseguraba que o dous por cento dos investigadores admitía ter "fabricado, falsificado ou modificado datos ou resultados cando menos unha vez e un 34% admitía outras prácticas "cuestionables"

Outro estudo recente aseguraba que o dous por cento dos investigadores admitía ter "fabricado, falsificado ou modificado datos ou resultados cando menos unha vez e un 34% admitía outras prácticas "cuestionables". Preguntados polos seus compañeiros as respostas crecían até o 14% de casos de falsificación e até o 72% de persoas que incorrían en mala praxe.

Arturo Casadevall, inmunólogo da Universidade Yeshiva (EE.UU.) e coautor do estudo, atribúe o aumento deste problema á presión crecente que existe sobre os científicos para publicar en revistas de excelencia internacional a case calquera prezo: “Os científicos son humanos e algúns sucumben á presión, especialmente cuando hai tanta competencia para conseguir fondos cos que financiar as súas investigacións”, explica. O seu estudo salienta que “os casos de plaxio dispáranse a partir de 2005, o mesmo ano no que os institutos nacionais de saúde comenzaron a sufrir recortes”.

“Os casos de plaxio dispáranse a partir de 2005, o mesmo ano no que os institutos nacionais de saúde comenzaron a sufrir recortes”

Apenas 16 dos máis de dous mil casos analizados correspondesn a España. “En España non hai datos do que sucedía até hai tan só uns anos”, explica o investigador do CSIC Pere Puigdomènech. Esa falta de rexistros fai difícil saber se o problema do engano e o plaxio seguiu en España un crecemento coma o que se observa nas cifras globais.

O traballo desvela un crecemento continuado da fraude científica, que repuntou sobre todo a partir de 2000 Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.