0 Gardados para despois

"A maior parte da xente está pensando nun plan b, en marchar fóra"

Redacción | @prazapublica

Este mércores 19 os principais centros universitarios de España vivirán mobilizacións dos investigadores, docentes universitarios e estudantes de terceiro ciclo. Protestan contra os recortes en I+D+i e buscan realizar un chamamento á sociedade "en favor da ciencia en Galicia" e en contra da "actual fuga de cerebros que está sufrindo o noso país" xunto cos avances científicos e tecnolóxicos que se están a perder. A concentración terá lugar na Praza do Obradoiro de Santiago a partir da unha e media do mediodía. Os organizadores tamén animan a todos aqueles que non se poidan desprazar ata a Praza do Obradoiro, que se concentren uns minutos diante do seu centro de investigación e que se poden remitan unha imaxe ao enderezo movilizaciones@precarios.org.

Protestan contra os recortes en I+D+i e buscan realizar un chamamento á sociedade "en favor da ciencia en Galicia" e en contra da "actual fuga de cerebros que está sufrindo o noso país" xunto cos avances científicos e tecnolóxicos que se están a perder

A concentración rematará coa lectura en voz alta do manifesto firmado polos integrantes do movemento Carta por la ciencia. Denúnciase que "o actual goberno está empeñado en reducir a achega pública en I+D+i conducindo ao colapso o noso actual sistema de ciencia e tecnología" e salienta que o financiamento público da I+D+i acumulou un recorte dun 31% nos dous últimos anos. En 2011 o gasto español en I+D+i caeu até o 1,33% del PIB (en 2010 foi dun 1,39%) rompendo a trayectoria ascendente das últimas décadas e afastando España da media da UE, situada no 2%.

Nos últimos meses son moitas as malas novas para a investigación que foron chegando, dende a prohibición de que as universidades convoquen novas prazas doecentes até os recortes nas bolsas FPI e FPU e nos programas Ramón y Cajal e Juan de la Cierva. Conclúen que de non mudar esta política, "o dano ao noso sistema público de I+D+i será irreparable: destruindo o construido en decenios de esforzos, deixando sen traballo e sen espectativas profesionais a milleiros de novos investigadores e tecnólogos e afectando seriamente o devir da economía española, porque o noso futuro, o progreso e o benestar da cidadanía, se basea na I+D+i tal e como ocorre no conxunto de Europa".

Andrés Pérez, voceiro de Precarios-Galicia, afirma que "a maior parte da xente ao ver que non van sair prazas está pensando nun plan b, en marchar fóra" e acha un obstáculo engadido na dificultade de que a sociedade entenda e valore cal é a funcións dos investigadores

A situación en Galicia, moi de actualidade por exemplo pola suspensión na USC da meirande parte das prazas docentes convocadas no verán e o anuncio de que as futuras convocatorias terán que ser aceptadas pola Xunta, leva a Andrés Pérez, voceiro de Precarios-Galicia, ao pesimismo. Afirma que "a maior parte da xente ao ver que non van sair prazas está pensando nun plan b, en marchar fóra" e acha un obstáculo engadido na dificultade de que a sociedade entenda e valore cal é a funcións dos investigadores. Tamén lembra que o I+D+i funciona como unha máquina que leva moitos anos e esforzos botar a andar e que se se para despois é complicado poñela de novo a camiñar. Alerta neste senso de que os recortes no investimento nesta materia poden ter un impacto que se notará durante moitos anos.

Os investigadores galegos tamén se ven afectados por exemplo pola supresión da paga extra aos traballadores públicos, malia non seren funcionarios, e a pesar de que este recorte non supón aforro ningún para a administración, no caso por exemplo dos programas financiados con fondos europeos.

Andrés Pérez (Precarios-Galicia): "A maior parte da xente vendo que non vai haber prazas está pensando nun plan ben marchar fóra. O problema que temos nós é que o noso labor non é visible de cara á sociedade"

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.