0 Gardados para despois

Praza Pública bota a andar para "contar o mundo desde Galicia"

Redacción | @prazapublica

"A Galicia non lle cómpre o silencio". Esta foi unha das afirmacións máis repetidas nos actos que, durante os últimos meses, serviron para presentar Praza Pública por todo o país. E tamén foi reiterada este martes no Museo do Pobo Galego, onde o equipo do novo xornal dixital ofreceu un adianto das súas páxinas e tamén dos valores nos que se asenta.

Tras máis de dous anos de "velorio " pola morte de diversos medios de comunicación galegos e en galego, membros do grupo promotor de Praza, como Filipe Díez e Manuel M. Barreiro, e o equipo xornalístico, encabezado por Marcos S. Pérez, amosáronse "moi ledos" por poder "facer xornalismo" e "contar o mundo desde Galicia". Nun sentido semellante, os xornalistas Lara Graña e David Lombao apostaron por contar "poucos temas, pero ben contados" cada día e sinalaron o "pracer" de "poder traballar" nun medio como Praza, no que a "reflexión pausada" sobre a actualidade permitirá elaborar informacións con maior profundidade.

Entre os asistentes, que encheron o auditorio do Museo e entre os que se atopaban representantes de múltiples sectores da sociedade do país, espertou tanto interese o contido do xornal como o seu deseño e o seu sostemento económico. Neste sentido, na quenda de intervencións, varios deles apostaron por "apoiar" o proxecto de Praza Pública dende o inicio, por ser "necesario" para Galicia, e cualificaron a posta en marcha da web como un "feliz alumeamento".

David Lombao observa o adianto da web no ordenador de Filipe Díez

O equipo de Praza ultima detalles da presentación coa axuda do xefe de mantemento do Museo

Os asistentes á presentación no Museo do Pobo Galego

Unha panorámica de presentación

Marcos S. Pérez explica detalles do proxecto

Filipe Díez, intervindo na presentación

Lara Graña, falando do proxecto xornalístico de Praza

O público asistente ao acto observa a web

Un intre da presentación da web

Presentación de Praza Pública no Museo do Pobo Galego

Menos de vinte e catro horas do lanzamento do xornal, o equipo de Praza Pública presentou o proxecto e ofreceu un adianto da web no Museo do Pobo Galego 

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.