0 Gardados para despois

Chuza organiza o seu primeiro certame de aplicacións de Software Libre

Redacción | @prazapublica

Chuza! vén de anunciar a organización do seu primeiro concurso de aplicacións de software libre, que conta coa colaboración do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL). O obxetivo é contribuir tanto ao desenvolvemento da propia páxina de Chuza! como do tecido de aplicacións de Software Libre galegas. O gañador ou gañadora recibirá un premio de 250 euros, e poderanse conceder a maiores dous accesit con premios de 50 euros en efectivo ou en material.

No certame pode participar calquera persoa, e só quedan excluídos 
do concurso os membros da Xunta Directiva de Chuza! e de GPUL. O prazo para o envío de proxectos está aberto até o 15 de outubro deste ano. O xurado, formado polos socios e socias da Asociación Chuza!, escollerá o gañador ou gañadora no prazo dun mes. Os restantes premios serán decididos por outro xurado, formado por membros de Chuza! e do GPUL.

A temática é libre pero terase en conta "a mellor aplicación desoftware relativa a cultura galega e/ou a sociedade galega"

A temática é libre pero terase en conta "a mellor aplicación desoftware relativa a cultura galega e/ou a sociedade galega". Poderá ser unha aplicación independente ou unha mellora (parche) aplicado á web de Chuza. Tamén se valorará o correcto emprego do paradigma de programación escollido, o emprego de patróns de deseño coherentes e xustificados, os mecanismos que fagan accesible a aplicación ou aportación que se faga, a claridade e facilidade de mantemento do código e "cada unha das siglas en SOLID: Single responsibility, Open-closed, Liskov substitution, Interface segregation and Dependency inversion".

Poderá acollerse a calquera licencia de Software Libre que sexa copyleft segundo a FSF

Por suposto, as aplicación deberán ser Software Libre, xa que o obxectivo é que teña continuidade e que o maior número de persoas poda interactuar con ela e aprender da mesma. Poderá acollerse a calquera licencia de Software Libre que sexa copyleft segundo a FSF. É dicir, serán válidas: a GNU GPL, a GNU AGPL, a CC BY-SA 3.0 ou posterior e a GNU LGPL soamente en caso de bibliotecas. A aplicación deberá de estar localizada (l10n) ao idioma galego en calquera das súas variantes; non se exclúe a posibilidade de localizala noutras línguas a maiores. O código terá que ser desenvolto durante todo o seu transcurso nun repositorio público de código fonte.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.