O galego, protagonista no congreso da Modern Language Association

Os catro paneis dedicados á lingua e á literatura galegas Dominio Público Praza Pública

A Modern Language Association (MLA) celebrou do 7 ao 10 de xaneiro en Austin (Texas, EUA) o seu congreso anual. Trátase do evento máis importantes de linguas e culturas do mundo e o galego e a literatura galega tiveron unha presenza protagonista, con catro paneis específicos, que acolleron a presentación de numerosos relatorios. O pasado ano a entidade creou unha sección permanente dedicada especificamente ás nosas letras. O congreso celebrado en Austin foi a primeira cita na que este protagonismo do galego se fixo oficial.

Os catro paneis dedicados aos estudos galegos foron Dialogues across the Miño: Galician-Portuguese Linguistic, Literary, and Cultural Relations (Diálogos a través do Miño: Relacións Lingüísticas, Literarias e Culturais galego-portuguesas); Translation, Bilingualism, Glocalization: New Linguistic Approaches in Galician Studies (Tradución, Bilingüísmo, Glocalización: Novas achegas lingüísticas nos estudos galegos); Rethinking the Rexurdimento: Nineteenth-Century Galician Literary Production in Castilian (Repensando o Rexurdimento; A produción literaria galega en castelán no século XIX); e Weaving, Burning, Growing: Material Readings in Galician Literature (Tecendo, queimando, crecendo: Lecturas de materiais na literatura galega).

Cómpre salientar, para valorar a importancia outorgada ao galego no congreso que, fronte aos catro paneis cos que contou a nosa literatura, outras linguas coma o catalán, o grego, o holandés, o turco ou o húngaro dispuxeron dun só panel, o hebreo de dous e as linguas escandinavas de tres.

Os catro paneis dedicados á lingua e á literatura galegas Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.