Xarmenta volve propor o berciano Antonio Fernández Morales para as Letras 2013

Capa do libro © Xarmenta

A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta sempre reivindicou, nos diferentes actos que leva realizados no Bierzo desde 2005 xunto con outras institucións bercianas, que Antonio Fernández Morales (Astorga, 1817-Cacabelos, 1896) merece un recoñecemento especial dedicándolle un Día das Letras Galegas.

Neste 2012, un ano máis, Xarmenta solicítalle á Real Academia Galega que o poeta Antonio Fernández Morales sexa o persoeiro escollido para a celebración do Día das Letras Galegas de 2013 fundamentándose en que: "Antonio Fernández Morales publicou en lingua galega a súa obra Ensayos poéticos en dialecto berciano en 1861, dous anos antes de que Rosalía publicase Cantares Gallegos, adiantando así rexurdimento da nosa lingua". Ademais, Xarmenta salienta que "Morales escribiu en lingua galega na comarca do Bierzo, fóra da Galicia administrativa, nunha época difícil para as nosas letras".

Desde a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta considérase que "é de xustiza que novamente O Bierzo sexa o centro da celebración dun Día das Letras Galegas, do mesmo xeito que o fora en 2002

A asociación reivindica que o ano 1861 é a data simbólica dentro do panorama literario berciano en lingua galego grazas á figura senlleira de Antonio Fernández Morales. Hoxe en día podemos ler esta emblemática obra para o Rexurdimento literario galego e para a lingua galega no Bierzo en varias edicións, entre as que cómpre subliñar a facsímile de 2003 publicada polo Instituto de Estudos Bercianos.

Desde a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta considérase que "é de xustiza que novamente O Bierzo sexa o centro da celebración dun Día das Letras Galegas, do mesmo xeito que o fora en 2002 cando o homenaxeado foi o padre Sarmiento, natural de Vilafranca do Bierzo".

Capa do libro © Xarmenta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.