0 Gardados para despois

Cae a edición de libros en galego, mentres crece en castelán, catalán e euskera

Redacción | @prazapublica

O número de obras editadas en galego segue descendendo. En 2016 inscribíronse no ISBN un total de 1.211 na nosa lingua, un 13,5% menos que en 2015, fronte aos ascensos experimentados polas restantes linguas do Estado. A edición en castelán creceu un 7,5% (un total de 67.212 títulos), en catalán o ascenso foi do 7,2% (7.873 títulos); e o euskera foi o idioma que máis mellorou os seus datos (+34,5 %, ata os 1.644). Xunto ao galego, só descende o valenciano, de forma moi abrupta (-48,8%, ata os 629). Chama a atención, igualmente, o forte incremento da edición en linguas estranxeiras, encabezadas polo inglés, o portugués e o francés.

Os malos datos de 2016 para a edición en galego enmárcanse nunha tendencia moi negativa arrastrada de anos anteriores. Fronte aos máis de dous mil títulos publicados nos anos previos á crise económica, o número reduciuse ata os 1.143 de 2013. A recuperación de 2014 (1.439) foi só unha excepción, seguindo a descender en 2015 e 2016.

En 2016 si aumentou lixeiramente o número de libros editados en Galicia, independentemente do idioma. Os 2.388 títulos melloran algo os 2.266 de 2015 e móvense nos mesmos datos de 2012.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.