0 Gardados para despois

"En tempos de demolición hai que ter presente a Vidal Bolaño, que podía producir espectáculos con tres pesos"

Alberto RamosAlberto Ramos | @alberto_ramos


Praza reuniu a pasada semana a Jorge Coira e Rubén Ruibal nun restaurante compostelán para que conversasen ao redor da adaptación cinematográfica que o primeiro está preparando da obra do segundo, Limpeza de Sangue. Falamos con Ruibal sobre distintas cuestións relacionadas co momento actual do teatro galego, tanto a nivel creativo como económico e no que atinxe ao apoio que recibe da administración.

Ademais, preguntámoslle sobre Roberto Vidal Bolaño, referente persoal, do que neste 2012 fan dez anos do seu pasamento. Mirade o vídeo elaborado por TingaLaranga AudioVisual e Alberto Ramos.

 

“Parece que é todo prescindible, a lingua, a cultura... Este goberno é unha brigada de demolición”

“Temos un nivel espectacular de autores de teatro: Vanesa Sotelo, Fernando Epelde, Santi Cortegoso..., que están conseguindo premios que nunca conseguíramos os autores galegos”

“É bo que no teatro afeccionado vaian xurdindo máis compañías, esa é a canteira real de público e de actores do teatro galego”

“Agora que pasaron dez anos, vai sendo hora de tomar a figura de Roberto Vidal Bolaño coa seriedade e o rigor que merece. En tempos de demolición é bo ter presente a unha persoa como el, que era capaz de producir espectáculos nas peores condicións, con tres pesos”

“Sigo traballando no teatro da maneira que sempre fixen, como un afeccionado”

“Interésame o teatro como forma de relación social. A xente ten que saír da casa, escapar da pantalla”

“En tempos de crise, teño ganas de escribir comedia”

Desactivar os subtítulos Activar os subtítulos

O autor teatral Rubén Ruibal fala para Praza sobre o momento actual do teatro galego

© TingaLaranga AudioVisual

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.