'A viaxe de Gagarin' e 'Cronoloxía da urxencia', os mellores do ano para Fervenzas Literarias

Capa de 'A viaxe de Gagarin' © Xerais

Xa case se vai convertendo en tradición que ao redor destas datas coñezamos os resultados da enquisa que a web especializada en literatura galega Fervenzas Literarias realiza entre os seus lectores e lectoras sobre os mellores libros, iniciativas culturais e autores e autoras do ano. É xa o oitavo ano consecutivo que se realiza e sempre coa participación de centos de persoas, nesta ocasión 531. A viaxe de Gagarin (Agustín Fernández Paz), Cronoloxía da urxencia (Dores Tembrás), Historia da Literatura Galega II (Xosé Ramón Pena), Lapsus (Alfonso Pexegueiro), Reo (Xesús Fraga) e Escarlatina. A cociñeira defunta (Ledicia Costas) foron os títulos escollidos nas categorías de narrativa, poesía, ensaio, teatro e literatura xuvenil e literatura infantil.

 

Esta é a lista de gañadores e gañadoras

Capa de 'A viaxe de Gagarin' © Xerais
Cronoloxía da urxencia Dominio Público Trafegando ronseis

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.