'Non hai noite tan longa', de Agustín Fernández Paz, mellor libro galego do ano
Os premios da Asociación Galega de Editores recoñeceron tamén a Poesía Completa de Lois Pereiro e Xa me tardan eses magos, de Mamá Cabra, e situaron Obra Gráfica de Conde Corbal, editado por Nova Galicia Edicións, como o mellor libro de non ficción. Así mesmo, Xavier Queipo recibiu o premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor autor do ano.