Sara Torreiro

Unha ducia de pintadas charramangueiras

Hai quen di que a xente cun micrófono diante tolea. Cun spray na man, ás veces, pode pasar o mesmo e chegar a ser máis perigoso ca un mono cunha pistola.

  1. 01

    Monogamia, fascismo... tanto monta, monta tanto

    Desde a rúa de San Pedro, en Santiago de Compostela déronlle unha volta ao tema da fidelidade. Como xustificación, non está mal, iso si, era boa cousa escribir sen grallas...

  2. 02

    Sopa de siglas

    Nas pasadas eleccións autonómicas ter un cacao mental co das novas siglas era normal... BNG, AGE, CxG... Os alumnos de xornalismo de Compostela intentaron axudarse uns a outros nas mesas da bilblioteca da súa facultade para telo claro... 

  3. 03

    Deseños difíciles

    Ser nazi é complicado... e ser nazi independentista catalán nin lles conto. Menos mal que a pintada está no barrio de Conxo, en Santiago e o psiquiátrico está preto...

  4. 04

    It´s me, Mario

    No Barco de Valdeorras o vermello e o azul do peto do personaxe de Nintendo non lle sentan mal ao camarada Stalin. 

  5. 05

    Terra de cocido e de poetas

    En Lalín alguén tiña morriña dun namorado ou namorada e quixo compartilo cos veciños

  6. 06

    #vivaantes

    Na Rúa, no Barrio da Estación, hai pintadas que aturan o paso do tempo

  7. 07

    Ante situacións difíciles...

    medidas desesperadas. Se cadra así baixaba o paro... ou enchían o cárcere da Lama...

  8. 08

    Lugo non esquece

    As pintadas non son clementes nin sequera cos finados.

  9. 09

    As présas...

    Non todo o mundo serve para todo. O ourensán que fixo esta pintada é un caso claro

  10. 10

    O sitio oportuno

    Polas rúas hai ducias e ducias de pintadas a favor do aborto, pero onde mellor para facela que nunha igrexa? (e de paso a esvástica tachada, unha vez postos ao choio...)

  11. 11

    Coruños poetas

    Na Coruña teñen dialecto propio e formas propias de expresar amor tamén... 

  12. 12

    Xoias

    Rematamos a ducia con esta pintada que atoparon hai pouco detrás dunha zona de maleza en Redondela. Curiosa, moi curiosa para ser da UCD.