Praza Pública

Unha ducia de bens culturais en patrimoniogalego.net (algúns, en 3D)

Patrimoniogalego.net, o catálogo social do patrimonio cultural galego, supera xa as 8.000 entradas e vén de introducir un novo xeito de coñecer os bens patrimoniais: xunto ao texto e ás fotos incorpora agora a fotogrametría, unha técnica que permite reproducir calquera figura real en tres dimensións a partir dunha colección de fotografías. Repasamos algunhas destas pezas en 3D e mais as últimas incorporacións do portal.

  1. 04

    Petróglifo do Castriño de Conxo

    Nos arrabaldos de Compostela, no barrio de Conxo, atópase esta laxe no cumio dun outeiro, emprazado na parte superior dun castro da idade de Ferrol. O petróglifo representa un complexo conxunto de armas. Acceder á ficha

  2. 05

    Anta de Abuíme

    É un monumento megalítico con cinco esteos que forman unha cámara poligonal en Abuíme, concello do Saviñao. Nos anos 30 Florentino López Cuevillas afirmaba que unha das pezas da anta se atopaba nunha casa privada. Acceder á ficha

  3. 06

    Hórreo do Pazo de Andeade

    É un hórreo erguido sobre o segundo andar dunha dependencia deste pazo arzuán. Ten 12 metros de longo e conta con catro linteis de granito. Acceder á ficha

  4. 07

    Pazo do Rosal

    Esta edificación situada en Moaña data do século XVI e está construído en cantería granítica. Na súa fachada destaca un patín sobre arcos de medio punto e no interior do complexo hai varios edificios anexos, como unha capela e un pombal. Acceder á ficha.

  5. 08

    Igrexa de San Cristovo de Dombodán

    Tamén en Arzúa está esta igrexa do século XVII. A súa fachada responde ao estilo barroco compostelán. Acceder á ficha

  6. 09

    Cruceiro de San Martiño

    No Concello de Moaña está este cruceiro sobre catro chanzos hexagonais. Descoñécese o seu autor e está catalogado como Ben de Interese Cultural. Acceder á ficha

  7. 10

    Cruceiro de San Pedro de Mella

    Un novo ben situado en Arzúa dentro das últimas incorporacións ao catálogo. Está na parroquia de San Pedro da Mella, ao carón do cemiterio. Acceder á ficha

  8. 11

    Igrexa de Santa Cristina de Orois

    Situada na parroquia de Orois, en Melide, esta igrexa ten planta rectangular cun corpo engadido, no que se ubica a sancristía. É un ben catalogado pola Xunta e os PXOM da vila. Acceder á ficha

  9. 12

    Ara de Trasariz

    Esta ara romana atopada no concello de Cenlle estaba dedicada ao deus Xúpiter. É de propiedade privada e forma parte do inventario de bens patrimoniais da Xunta. Acceder á ficha