Praza Pública

Unha ducia de Youtubeir@s

Dende finais do pasado ano os servizos de normalización lingüística das tres universidades e mais once concellos andan á procura de youtubeiros e youtubeiras co obxectivo de encher o popular portal de todo tipo de vídeos en galego, dende titoriais ata opinións. Na recta final do concurso repasamos unha ducia destas achegas youtubeiras do país.

  1. 01

    Que é ser galego?

    Unha pregunta transcendental, respondida por Lady Avellana

  2. 02

    Berenxenas recheas

    Unha gorentosa receita presentada dende un programa moi especial: Corasón de churrasco

  3. 03

    Circe ou o Pracer do Azul

    Lucía Ortigueira achega á rede youtubeira unha recensión da novela de Begoña Caamaño Circe ou o Pracer do Azul

  4. 04

    Falar galego non vale para nada?

    Un clásico revisitado. Falar galego non vale para nada? Explícao Brais Doval.

  5. 05

    Unha introdución ao frikiñismo

    Ser frikiño ten o seu aquel. Ou senón, que llo pregunten a Iago Varela.

  6. 06

    Tornar en cervo?

    No entroido, nunha obra de teatro... Ou cando che apeteza. Unha boa maquillaxe e peiteado son fundamentais para unha caracterización ben feita. Na canle Nubes Baixo Ti dan todas as claves para tornares en cervo!

  7. 07

    Como capturar Pokémon?

    Hai un tempo Pokémon -o videoxogo, non o dos xulgados- ocupou moitas liñas en xornais e minutos informativos, pero agora anda bastante desaparecido. Neste vídeo explícannos como capturalos dun xeito doado.

  8. 08

    Como ser puntual

    Noa García responde a algo esencial: como non prenderes nunha silveira e chegares á hora á que quedaches en chegar.

  9. 09

    Sobrevivir nos festivais

    Imos cara ao verán e iso adoita ser sinónimo de festivais. Na canle Festivana achégannos unha guía para sobrevivir con xeito a estes eventos.

  10. 10

    A sabedoría do raposo

    Unha morea de voces sabias, augurios e consellos atinados.

  11. 11

    E a lingua para os vídeos?

    Montaxe, iluminación... Todo importa para un bo youtubeiro ou yotubeira. E, evidentemente, tamén importa moito a lingua. Explícao clariño Manuel Núñez Singala, un dos integrantes do xurado do concurso.

  12. 12

    Ao cabo, que hai que ter para triunfar como Youtubeir@?

    Vídeos que che gusten e sen medo ningún. Nin ao ridículo, nin ao frío... Nin a nada! Cóntao moi ben MachMike.