Praza Pública

Unha ducia de bandas que nos trae a outra beira do Atlántico

VÍDEOS Ritmos e acentos diversos chégannos dende alén mar para nos anunciar que estamos ás portas do verán. Rock, folk, pop, hip-hop, salsa, bossa nova, funk... Ritmos para bailar ata o amencer ou para se relaxar nun solpor nesta outra beira... E para ir anotando o Portamérica na axenda festivaleira.

Contido patrocinado

  1. 01

    Porter (México)

    Porter nace en Guadalajara, México, en 2004. A súa música pode definirse a través de 3 conceptos: Rock, México e Experimental. Destaca pola súa proposta vangardista, que se inclina cara a tendencias experimentais influenciadas por diversos xéneros musicais, que van desde o Noise Pop, Post Rock, Indie Electrónico, Pop ou Bandas sonoras. Á Carballeira chegan co seu último disco: "Moctezuma".

  2. 02

    Kanaku y el Tigre (Perú)

    Banda peruana de folk-pop psicodélico formada en 2010. Música enigmática, chea de experimentacións con instrumentos peculiares, xoguetes e calquera cousa que soe. Se algo demostraron é que son unha banda en constante evolución e experimentación, sempre sen perder de vista a universalidade e honestidade da súa mensaxe. Actualmente están en estudio a preparar o que será o seu terceiro disco.

  3. 03

    Aterciopelados (Colombia)

    Icónica banda colombiana de rock alternativo contestatario formada por Andrea Echeverri e Héctor Buitrago. Formada no 92, alcanzaron un enorme éxito grazas a un son absolutamente único e innovador, carente de prexuízos, que mestura o rock coas raíces do folclore colombiano e mesmo con Salsa e Bossa nova. Venderon máis de 10 millóns de copias dos seus discos, e contan con 2 Grammy Latino.

  4. 04

    Instituto Mexicano del Sonido (México)

    Camilos Lara aka Instituto Mexicano do Son (IMS) anuncia o seu esperado novo álbum: Disco Popular, co que chegará a PortAmérica. Será o seu quinto álbum de estudo e foi producido polo propio Camilo e mesturado por Mario Caldato Jr. Disco Popular conta coas colaboracións de Sly and Robbie, Toots & the Maytals, La Yegros, Adan Jodorowsky, Calexico e Lorna. Desexando descubrilo!

  5. 05

    Illya Kuryaki & the Valderramas (Argentina)

    KV é unha das bandas máis grandes e referentes da música latinoamericana. A súa aparición, cando só tiñan 16 anos, cambiou a escena a escena a golpe de rock, rap, hip-hop, funk e soul. O dúo conformado por Dante Spinetta e Emmanuel Horvilleur (fillos respectivamente de Luis Alberto Spinetta e Eduardo Martí) é un dos principais expoñentes do funk e o hip hop en Latinoamérica. Presentarán o seu novo disco: 'La humanidad o nosotros' (L.H.O.N.).

  6. 06

    Zuco 103 (Brasil)

    Trío formado pola cantante brasileira Lilian Vieira, o produtor holandés Stekan Kruger e o teclista e tamén produtor Stefan Schmid. A banda inventou o Brazilectro combinando a música brasileira, o jazz e a electrónica. O seu orixinal son defínese polos diferentes estilos que foron engadindo: Afro Cubano, drum'n bass, Ethiopíope, West African e dub. Os seus concertos: sorrisos tropicais e unha pista de baile que quedará sen alento.

  7. 07

    BNegão & Seletores de Frequência (Brasil)

    Un dos nomes de vangarda da música urbana brasileira. Creada no Río en 1972, fan música combativa, visionaria e de baile. Rap futurista do que Tom Zé é unha gran influencia. A mestura entre hip hop e funk é a base do seu son, no que tamén atopamos reggae, rock psicodélico, surf rock, jazz ou samba. 'Transmutação', o seu último disco, foi elixido como un dos mellores do ano no Brasil.

  8. 08

    Los Amigos Invisibles (Venezuela)

    Gañadores dun Grammy Latino, 5 nomeamentos aos mesmos premios, 3 nomeamentos ao Grammy Americano, máis de 60 países visitados, 9 discos de estudio, un DVD+CD en directo, un álbum de remixes ou un selo propio con 22 anos de traxectoria son só algunhas das pistas dunha banda cuxa carreira non ten freo na escena musical. Disco, Acid jazz, Funk e diversos ritmos latinos.

  9. 09

    Mateo Kingman (Ecuador)

    A Amazonía Andina refresca a súa identidade musical a través dos sons do creador ecuatoriano de 24 anos. Un imaxinario onde conflúen sons da selva amazónica mesturados con beats electrónicos e elementos do hip-hop. En 'Respira', o seu álbum de debut, o electrónico fusiónase co orgánico, co acústico, creando un oxímoro musical: harmonía caótica.

  10. 10

    Siddharta (México)

    Iniciou a súa carreira como batería de Zoé, e desde que comezou como solista, compón, escribe e produce todos os seus temas. 'Únicos', o seu último disco, son 10 cancións nas que o oínte percibirá matices finos que evocan nostalxia, inspiración proveniente de tenros riffs, e unha infinidade de citas listas para ser dedicadas á persoa máis namorada.

  11. 11

    Orkesta Mendoza (EUA)

    A Orkesta Mendoza vén de Tucson, Arizona, a última gran cidade na fronteira con México. Iso é o que fai tan particular a esta banda que atopou un ritmo propio a dous países: dunha beira, as rancheiras mexicanas, a cumbia, o mambo; da outra, o rock, a música pop e un toque psicodélico e electrónico. É o son musical da fronteira, do deserto e da efervescencia e as tensións xurdidas do intercambio comercial, cultural e humano.

  12. 12

    Nikki Hill (EUA)

    De St Louis (Missouri), Hill recorre ás influencias vintage femininas do rhytm and blues como LaVern Baker, Etta James e Ruth Brown, e a algúns dos seus cantantes favoritos como Otis Redding e Solomon Burke, sen esquecer a Little Richard, de quen aprendeu a fereza do rock and roll. O seu foi un dos máis rápidos ascensos que se produciron ultimamente na escena ligada aos sons do soul e o RnB tras a presentación do seu primeiro traballo, Here's Nikki Hill.