David Reinero

Unha ducia de fitos das Nacións Unidas

Coincidindo coa 72 Asemblea da ONU, repasamos unha ducia de fitos da organización.

  1. 01

    1942

    O 1 de xaneiro de 1942 representantes dos aliados na Segunda Guerra Mundial asinan en Washington a Declaración das Nacións Unidas, expresión proposta por Roosevelt

  2. 02

    1945

    Tras a Conferencia de San Francisco, o 24 de outubro de 1945 entran en funcionamento formalmente as Nacións Unidas

  3. 03

    1946

    O noruegués Trygve Lie, primeiro secretario xeral da organización

  4. 04

    1948

    O 1 de maio de 1948 establécese en Palestina a primeira misión de observadores da ONU

  5. 06

    1954

    A Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) gaña o premio Nobel da Paz

  6. 07

    1960

    1960 foi o ano cun maior número de incorporacións á ONU, 17 estados, 16 deles da África descolonizada

  7. 08

    1971

    A República Popular de China accede á ONU, na que ata daquela esta representado Taiwán

  8. 09

    1995

    Os Cascos Azuis holandeses despregados durante a guerra de Bosnia en Srebrenica permiten a masacre por parte do exército serbio de máis de 8.000 musulmáns bosníacos.

  9. 10

    2000

    O Cumio do Milenio marcouse para 2015 uns obxectivos educativos, sanitarios, ambientais ou económicos que aínda seguen sen cumprirse

  10. 11

    2001

    O daquela secretario xeral, Kofi Annan, e a propia ONU reciben o Nobel da Paz