0 Gardados para despois

David Reinero

Unha ducia de restos arqueolóxicos da Terra Chá no Museo de Vilalba

A venta frustrada por parte do Ministerio de Facenda do xacemento arqueolóxico do acubillo de Pena Grande, na parroquia vilalbesa de Santaballa, puxo o foco no traballo de investigación que hai décadas que vén facendo o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Percorremos as súas instalacións e amosamos en orde cronolóxica unha ducia dos restos arqueolóxicos e paneis divulgativos que enchen as súas salas a xeito de invitación a contemplalos in situ.

  • Molar de rinoceronte da Cova da Valiña (Castroverde)

    A Cova da Valiña, en Castroverde, foi habitada hai máis de 30.000 anos. Alí se atoparon estes restos de animais, entre eles un molar de rinoceronte de Merck.

  • Laminiñas do Paleolítico superior

    Laminiñas do Paleolítico superior atopadas en varios xacementos da Terra Cha

  • Raspadeiras da Serra do Xistral (Abadín)

    Útiles de sílex e seixos do Epipaleolítico recuperados en escavacións na Serra do Xistral (Abadín) e outros xacementos.

  • Puntas de frecha de Muras

    Puntas de frecha recuperadas de diferentes acubillos baixo rocha como Prado do Inferno (Muras)

  • Coitelo de pedra pulida

    Coitelo de pedra pulida procedente dun túmulo megalítico da Terra Cha

  • Mámoa do Limpadoiro (Vilalba)

    Ademais de pezas arqueolóxicas, o Museo de Vilalba reproduce imaxes da ubicación doutros restos arqueolóxicos na comarca, entre eles de varias mámoas e elementos megalíticos.

  • Menhir do Carrizo (Vilalba)

    Imaxes e textos explicativos do menhir do Carrizo, en Vilalba, e do círculo lítico da Mourela, nas Pontes.

  • Necrópole de Roza das Modias (Vilalba)

    Roza das Modias, en Vilalba, é unha necrópole megalítica composta por oito mámoas, tres delas con chantos con gravados. A maior das mámoas ten catro das súas sete laxes decoradas con motivos serpentiformes. Está declarada Ben de Interese Cultural (BIC).

  • Petroglifo da Idade de Bronce

    Xunto cos obxectos e as imaxes dos xacementos, o Museo de Vilalba tamén conserva un petroglifo da Idade de Bronce.

  • Tipos de castros da Terra Cha

    Plantas dos castros de Codesido, Xoibán e Corbelle, os tres en Vilalba.

  • Cerámica do castro de Vixil (Vilalba)

    Detalle dos gravados dunha cerámica atopada no castro de Vixil, en Vilalba.

  • Fragmento de torques

    Fragmento de torques e ferramentas procedentes de varios castros galegos.