0 Gardados para despois

INTERACTIVO | Os premios Manuel Beiras fan dezaoito anos a unir galego e empresa

Redacción | @prazapublica

No tránsito entre o século pasado e o presente, en xuño do ano 2000, o Concello de Santiago decidiu estender ao mundo ecómico os seus programas "destinados a promover o uso da linguna propia de Galicia".  Xunto á Cámara de Comercio compostelá dixo "coincidir no interese por promover a normalización da lingua galega no sector empresarial". Ambas institucións deixaron escrito que vían o ámbito da empresa un eido "chave para acadar cotas satisfactorias de uso do galego na sociedade" e apostaron por promovelo cun premio anual que servise de "recoñecemento público" ás compañías que se "esforzasen" na normalización do idioma.

A edición do 2017 ten aberto o prazo de recepción de candidaturas ata o 11 de decembro

Os galardóns terían "carácter de distinción pública", sen beneficio económica para as empresa galardoadas. Tratábase de que na capital galega e na súa contorna se recoñecese as marcas que teñen o galego entre as súas ferramentas de traballo cotián. Para deixalo claro apostaron por que os galardóns levasen o nome "dun histórico comerciante compostelán" que ademais foi "destacado loitador da nosa cultura e da nosa lingua". Nacían así os premios Manuel Beiras, que dende aquela primeira ocasión seguiron a entregarse cada ano. Empresas de todos os sectores figuran xa entre as distinguidas con este recoñecemento, que neste 2017 ten aberto o prazo de recepción de candidaturas ata o 11 de decembro. Esta é a súa historia:

Nota: A empresa editora da revista Coralia, gañadora en 2016, é Miranda Priestly.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.