Outro directivo de Pemex nega que existan contratos definitivos para construír os barcos en Galicia

Carlos Morales Gil, director de Pemex Exploración y Producción © El Regional de Veracruz

Pachi Vázquez remitiulle este sábado unha carta ao presidente da Xunta na que o insta a poñer o contrato con Pemex a disposición de tódolos galegos e galegas a través da web da Xunta. Este venres déralle a Feijoo un prazo de 24 horas para que amosase esa documentación e así aclarar unha sítuacíón da que dependen centos de traballadores do naval en Vígo e Ferrol. O candidato socialista dálle ao líder do PPdeG unha última oportunidade para aclarar a situación antes de "denuncialo publicamente", di a carta, "por entender que se trata doutro engano máis sobre unha cuestión de vital trascendencia".

O candidato socialista dálle ao líder do PPdeG unha última oportunidade para aclarar a situación antes de "denuncialo publicamente"

Vázquez fai ese anuncio ao tempo que o PSdeG difunde unhas declaracións doutro directivo de Pemex que novamente nega que os convenios que os estaleiros galegos asinaron con PMI garantan que os buques hotel anunciados por Feijoo na precampaña eletoral se vaian construír en Galicia. O director de Pemex Explotación e Produción (PEP), Carlos Morales Gil negou a asignación dos contratos a Galicia e explicou que no seu lugar fixeron “unha consulta de cotización entre 21 empresas”.

Morales Gil adiantou que o vindeiro luns 8 de outubre se coñecerán as ofertas para construír os barcos: "saberemos quen presentou cotización e saberemos de que tamaño é o mercado. É o único que estamos buscando agora". Unha das ofertas será a que presenten os estaleiros galegos a través de PMI, tal e como se recolle nos convenios asinados no Pazo de Raxoi hai unhas semanas. Aínda falta por determinar se o contrato se dará por licitación, invitación ou designación directa, o que dependerá do número de participantes que amosen interese.

Morales Gil adiantou que o vindeiro luns 8 de outubre se coñecerán as ofertas para construír os barcos: "saberemos quen presentou cotización e saberemos de que tamaño é o mercado. É o único que estamos buscando agora"

De acordo coa Xerencia de Comunicación Social de Pemex, PEP podería rexeitar a proposta de PMI, quen á súa vez tenría opcións para colocar os dous floteis no mercado internacional. Segundo Morales Gil, os estaleiros galegos "van impulsar todo para levar un deses contratos co armador, non con nós".

As declaración de Morales Gil súmanse ás que hai uns días Praza publicou en exclusiva de Fluvio César Ruiz Alarcón

As declaración de Morales Gil súmanse ás que hai uns días Praza publicou en exclusiva de Fluvio César Ruiz Alarcón, conselleiro profesional de Pemex, que dixo que "Pemex non está amarrado a ningún contrato cos estaleiros galegos" e que "dentro dalgúns meses, PEP sacará a súa licitación e un dos participantes será PMI en asociación cos estaleiros galegos". O propio Juan José Suárez Coppel, director xeral de Pemex, deixou claro que a empresa non tiña ningún contrato definitivo cos estaleiros galegos e que o único que se falara coa Xunta "ao igual que con estaleiros coreanos, é que condicións se lle poden ofrecer a Pemex".

Pemex tamén contradiciu nos últimos días a Núñez Feijoo na cuestión dos remolcadores. Un dos seus directivos envioulle unha carta a un dos armadores preocupados polo acordo negando que os remolcadores pactados no memorándum de colaboración entre a petroleira e a Xunta se vaian construír en Galicia.

Carlos Morales Gil, director de Pemex Exploración y Producción © El Regional de Veracruz

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.