Xosé Ramón Gayoso, Xusto Beramendi, Cristina Pato, o Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove, Medallas Castelao 2017, segundo vén de aprobar o Consello da Xunta. Os galardóns entréganse o vindeiro 28 de xuño. (imaxe: CRTVG)

Xosé Ramón Gayoso, Xusto Beramendi, Cristina Pato, o Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove, Medallas Castelao 2017, segundo vén de aprobar o Consello da Xunta. Os galardóns entréganse o vindeiro 28 de xuño. (imaxe: CRTVG)
Con motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos, este xoves amenceron cubertos de plásticos varios espazos e monumentos significativos da Coruña, dentro da iniciativa Móllate! co obxectivo de "sensibilizar sobre a importancia da redución de plásticos nas nosas vidas"
O Reino Unido celebra eleccións este xoves. A conservadora Theresa May mantense por diante nas enquisas, a pesar de que durante a campaña a diferenza co laborista Jeremy Corbyn se reduciu notablemente. Os conservadores gañarían por entre 1 e 13 puntos de diferenza, unha marxe que dependerá da participación da mocidade, maioritariamente laborista. Os colexios pecharán ás dez da noite, hora británica.
As Asociacións en Defensa da Sanidade Pública rexeitan a doazón de 320 millóns de euros anunciada por Amancio Ortega. Subliñan que o investimento é necesario facelo en Atención Primaria e non en equipos de diagnóstico e salientan que se Ortega pagase os impostos que paga un médico, xa realizaría anualmente esa mesma doazón.
Pescanova perde un 95% no seu regreso á Bolsa despois de catro anos. A compañía, que conta co 1,7% de Nueva Pescanova, está valorada en 900.000 euros, lonxe dos 170 millóns que custaba a empresa en termos me mercado no momento da suspensión da súa cotización.
En 115 concellos galegos conviven oficinas do Banco Santander e o Banco Pastor, o que fai temer polo peche de moitas delas
O Banco Popular quedou seco de liquidez ás tres da tarde do martes. A entidade no podía facer fronte a pagamentos e esgotara xa as liñas extraordinarias de crédito que facilita o Banco Central Europeo. El Diario analiza o proceso polo que o Banco Popular foi intervido e reestruturado nunha soa noite.
Os avogados prevén un aluvión de demandas contra o Santander trala bancarrota do Popular. En caso de demostrarse o falseamento do folleto da ampliación de capital de maio de 2016, o comprador da entidade sería responsable directo pola vía civil
A xuíza do accidente do metro de Valencia valida a peritaxe realizada polo cargo de Adif imputado polo sinistro de Angrois e ratifica o seu arquivo do caso. A instrutora rexeita os recursos presentados pola Fiscalía e as vítimas e di que “nada ten que ver” o traballo de Cortabitarte en Valencia co de Angrois, malia que en ambos os dous casos unha mellor programación das balizas de seguridade puido evitar os accidentes.
As accións da vella Pescanova caen á metade no seu regreso á Bolsa este martes tras máis de catro anos suspendida polas súas irregularidades contables. A empresa está valorada agora en 7,7 millóns e posúe o 1,6% de Nueva Pescanova.