A dirección de informativos da TVG pediulle a Lorena Pose, presentadora de A Revista fin de semana, que non utilizase a gheada "porque moita xente non se identifica con esa variante e comentáronme que podía ser molesto", segundo declara a xornalista. Máis información en El País
Fálase
Causa Galiza celebra este domingo o seu Plenario Nacional. Ao longo da tarde teredes información en Praza.
Ás seis da tarde celebraranse concentracións contra o maltrato animal na Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra e Ourense, apoiadas pola Asociación Animalista Libera, a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e o colectivo Mozos pola Abolición.
O guardés Xurxo Chirro foi o vencedor da sección oficial do Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui. Carlos Muguiro, presidente do xurado internacional, salientou que en Vikingland: “Queremos premiar unha película que crea profundas reverberacións emocionais entre o protagonista e o cineasta, nun intervalo de 20 anos e nun sorprendente acto de xenerosidade”. Ao longo da mañá poderedes ler unha completa crónica do festival en Praza.
O Breogán derrotou a domicilio 79-86 ao Kne t& Éniac e mantense en postos de play-off. Tamén gañaron o Leyma Basquet Coruña ao Aurteneche (72-48) e o Sousas Ourense 74-80 ao Oviedo. No baloncesto feminino o Celta perdeu 31-64 fronte ao Girona.
En balonmán, derrota o Octavio fronte ao Atlético de Madrid (19-31).
En hockey o Liceo derrotou 6-3 ao Alcoy
No fútbol-sala, o Lobelle levou o derbi galego 4-5 fronte ao Azkar
Convergència incorpora o obxectivo de acadar un Estado propio á súa ponencia política despois dun intenso debate no que as bases do partido impuxeron o seu criterio e aprobaron a opción por un 71% dos votos.
O Celta empatou en Huesca (1-1), grazas a un gol de Joan Tomás no minuto 86 despois de ir perdendo durante todo o partido. Os rivais dos equipos galegos na loita polo ascenso tamén perderon puntos: empate do Elche, derrota do Hércules e empate provisional do Almería. Mañá xogan Dépor e Valladolid.
A Plataforma Coruña en Loita convocou unha manifestación este domingo ás 12 do mediodía en contra da reforma laboral e en solidariedade cos traballadores da Torre de Hércules despedidos.
Este sábado está convocada unha concentración silenciosa en solidariedade con Jaume Bonet, o xubilado mallorquín que leva 24 días en folga de fame en reivindicación dos seus dereitos lingüísticos e en protesta polos ataques ao catalán por parte do goberno de Baleares. O seu estado de saúde debilitouse nos últimos días.
A Xunta gastará 59 mil euros en mercar 177 cadeiras (a 333 euros cada unha) para a Cidade da Cultura