0 Gardados para despois

Proxecto gañador para a rehabilitación da Panificadora de Vigo

Proxecto gañador para a recuperación do edificio da Panificadora de Vigo, obra dos arquitectos Jorge Salgado Cortizas e Celso López Martín. Este concurso de arquitectura, con 33 aspirantes, foi o primeiro paso para converter o vello espazo industrial nun "espazo de público con usos colectivos" con, entre outros, servizos como "espazos de coworking, culturais, de creatividade musical, prazas públicas, un ascensor panorámico visible desde a Praza do Rei, cafeterías ou restaurantes", segundo avanzou o Concello vigués.