0 Gardados para despois

Sobre Praza

Licenzas

Textos e imaxes

Todos os contidos textuais de Praza Pública están liberados coa licenza Creative Commons by-sa. Así pois, es libre de coller todos os textos da web, reproducilos parcial ou integramente, e distribuílos como queiras sempre que cites a súa autoría e empregues tamén a mesma licenza.

Os contidos da sección de opinión son propiedade dos seus autores, que por defecto os liberan coa mesma licenza. Se algún autor ou autora decide empregar unha licenza máis restritiva consignarase na súa ficha de autor.

Todos os contidos audiovisuais producidos por Praza están liberados coa licenza Creative Commons by-sa. Os recursos, imaxes, vídeos, gráficos e fragmentos de áudio que non sexan producidos por Praza conterán a súa licenza específica, que será a que o seu autor considere.

Deseño e software

O logotipo, o deseño da web e a programación xeral da web é obra d'A navalla suíza. O código fonte da web está liberado coa licenza GNU Affero 3, que permite unha distribución bastante ampla sempre que se respecten as súas condicións de recoñecemento. Para máis información sobre o deseño e a programación da web, botádelle un ollo ao colofón.