0 Gardados para despois

Sobre Praza

Colofón

Hospedaxe

Praza Pública está hospedado nun servidor de Dinahosting, unha empresa de alta calidade que ademais demostrou unha aberta e franca xenerosidade con este proxecto.

Software

Praza Pública está feito con software libre e desenvolvido pola Navalla suíza. O xestor de contidos está feito en phpCan, un framework de php desenvolvido pola Navalla suíza, ao igual que estoutros elementos de software.

  • Stylecow: un preprocesador de CSS escrito en php.
  • ansSlider: un plugin de jquery que permite crear sliders de practicamente calquera cousa.
  • $media: un completo framework para xestionar elementos multimedia en HTML5.
  • cSans: cSans é un framework de CSS lixeiro, flexible e moderno.
  • ansRelated: é un plugin de jquery creado especificamente para este proxecto que permite visualizar novas relacionadas cando os usuarios fan scroll ata o final da páxina.
  • ansFaviconizer: é un plugin de jquery creado para este proxecto para engadir favicons a determinados tipos de enlaces.

Tamén se empregou software marabilloso creado por outra xente. Do lado do cliente:

  • jquery: jQuery é unha biblioteca de JavaScript deseñada para simplificar a escritura de código javascript do lado do cliente.
  • jqueryui: jQuery UI é a biblioteca de interface de usuario oficial de jQuery.
  • fancybox: é unha alternativa de jQuery para amosar imaxes, contido html e contido multimedia semellante a unha lightbox.
  • jquery.imagesLoaded: é un plugin de jQuery para xestionar eventos relacionados coa carga de imaxes das páxinas.
  • sharrre: é un plugin de jQuery que permite crear widgets para compartir contido con Facebook, Twitter e Google Plus.
  • jquery.tweet: é un plugin de jquery para interactuar con Twitter.
  • jstorage: úsase ese software para gardar contido no local storage do navegador.

  E do lado do servidor:

O código fonte de praza xunto con todo o software que foi creado para a súa realización está liberado baixo GNU Affero 3. Podes descargar o código fonte. Se queres saber máis sobre licenzas, temos unha páxina dedicada a elas.

Deseño e elementos gráficos

O logotipo é unha variación tipográfica de The Mix, creada polo deseñador Luc(as) de Groot en 1996. A modificación principal da tipografía prodúcese no zeta, onde unhas frechas remarcan o carácter central da praza como espazo ao redor do que se reúnen todas as persoas.

As tipografías principais son a OpenSans, deseñada por Steve Matteson, e a Crete Round, creada por Veronika Burian.

As cores básicas da web son o amarelo (#ffe600) e o azul (#1386bf).

Data de publicación

Quitámoslle os contrasinais a Praza Pública o 1 de febreiro de 2012, ás 12:00 do mediodía. A súa primeira nova, cronoloxicamente, foi A CRTVG gasta 200.000 euros en avogados para reclamar cartos a produtoras audiovisuais.