0 Gardados para despois

O máis importante

Como se financia?

A Fundación Praza Pública finánciase fundamentalmente mediante as achegas dos e das cidadás que desexen mantela. Tamén se busca publicidade para poder conseguir a rendibilidade do medio e, xa que logo, a súa sustentabilidade.

Se queres sumar o teu esforzo para que Praza Pública medre e sexa un servizo para todos e todas, podes colaborar economicamente dunha forma moi sinxela. A vía máis tradicional é facer un depósito ou transferencia a favor da conta corrente 3070-0044-51-6085339825, da Caixa Rural Galega, a nome de Fundación Praza Pública (se as fas dende fóra de España, os códigos son IBAN: ES5630700044516085339825 e BIC: BCOEESMM070). Ademais, podedes facer esa mesma transferencia a través da web, empregando o servizo de Paypal que tes na páxina de achegas.

Tamén colaboras con Praza comprando na nosa tenda: A Tenda de Praza, unha tenda online onde poderás atopar un cento de cousas e que está centrada en produtos galegos e culturais.

Vantaxes

Mediante as doazóns, as persoas físicas e persoas xurídicas poderán beneficiarse non só da continuidade de Praza Pública, senón tamén de vantaxes económicas, políticas e sociais conforme á lexislación vixente.

Se es unha persoa física, fai constar o teu nome completo e o número do documento de identidade (DNI, Pasaporte, RNE…) xunto cun email que utilizaremos para enviarche o comprobante de ingreso, necesario para ter dereito a unha desgravación do 25% na túa cota IRPF. Se fas a doazón no nome dunha persoa xurídica, debes informarnos da razón social e o CIF, ademais do email ao que enviaremos o comprobante de ingreso, necesario para ter dereito a unha desgravación do 35% no impostos de sociedades.

O réxime fiscal das doazóns a fundacións está definido na Lei 49/2002 e no Real Decreto 1270/2003.