En bici de montaña, kaiak, tirolina ou facendo escalada: vinte plans para activarse na provincia de Lugo
Dende hai tres anos a Deputación de Lugo desenvolve o programa Actívate, un conxunto de actividades gratuítas para promover o turismo activo, deportivo e de aventura que esta primavera chegan a 18 concellos da provincia. As primeiras sesións, en Guitiriz, Chantada e Monforte, comezan esta fin de semana, con BTT, kaiak e paddle-surf.