O Seminario Galego de Educación para a Paz trasládase a Herbón

Federico Mayor Zaragoza e Manuel Dios, presidente do SGEP CC-BY M.P.P.

O Seminario Galego de Educación para a Paz trasladará esta semana todas as súas instalacións, materiais e recursos para o Convento de Santo Antonio de Herbón en Padrón, un espazo cedido gratuitamente pola orde franciscana, co obxecto de desenvolver dende alí a partir do 1 de xuño todas as súas actividades de carácter formativo, divulgador e de intervención social. 

O SGEP toma esta decisión nun momento no que o proxecto de Centro Internacional pola Paz, previsto para aqueles espazos, está en entredito, pola negativa da Xunta a declarar Ben de Interese Cultutral o monumento, do século XIV, en contra da súa opinión inicial favorable. Precisamente, o SGEP toma a decisión de adiantar o seu traslado para favorecer o proceso de protección e posta en valor do espazo, de cara á a consolidación do proxecto do Centro Internacional pola Paz.

Así mesmo, o Seminario Galego de Educación para a Paz participará, entre o 27 de Maio e o 2 de Xuño, no Foro Mundial de Educación, que terá lugar en Florianópolis (Brasil), e no que se celebrará unha reunión do seu Consello Internacional do que Manuel Dios, presidente do SGEP, forma parte. O FME está adscrito ó Foro Social Mundial, nacido en Porto Alegre en 2001, eixe central do movemento altermundista que vén demandando a necesidade e urxencia dun "outro mundo posible".

 

Federico Mayor Zaragoza e Manuel Dios, presidente do SGEP CC-BY M.P.P.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.