0 Gardados para despois

O fracaso do acordo lácteo: Galicia é o único territorio que cobra menos de 30 céntimos

Redacción | @prazapublica

O fracaso do acordo lácteo para Galicia. O pacto do sector impulsado polo Ministerio de Agricultura -e que non asinaron nin o SLG nin Unións Agrarias- non trae bo resultados para os golpeados gandeiros do país. O importe pagado ás granxas galegas no outono incrementouse en 0,4 céntimos en novembro, un mes no que tradicionalmente se elevan estas remuneracións. Pero non é dabondo. Nin moito menos. De comparar co resto de comunidades autónomas do Estado, a fenda entre unhas e outras segue medrando e Galicia segue a ser prexudicada. 

Galicia é a única autonomía na que os gandeiros cobran o leite por baixo dos 30 céntimos por litro

Así se tira dos últimos datos do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA). Galicia é a única autonomía na que os gandeiros cobran o leite por baixo dos 30 céntimos por litro, unha lamentable honra que compartía con Cantabria pero que xa non é así. No territorio cántabro, a suba foi de case un céntimo de media, ao pasarse dos 29,3 céntimos de setembro aos 30,2 de outubro. 

A situación de Galicia segue a ser mala, tamén de comparala co resto de prezos pagados noutras autonomías. En Andalucía, que é onde se paga máis, os gandeiros reciben 34,4 céntimos por libro, 5,7 céntimos máis que os 28,7 céntimos de media que se pagan no país. 

Ante esta realidade, e tal e como anunciara a Plataforma Galega en Defensa do Sector Lácteo, as mobilizacións do sector volverán a partir do vindeiro luns 30 de novembro. Empezarán con entregas gratuítas de lei nas cidades, diante das áreas comerciais, ademais de anunciar tractoradas na Coruña e Compostela, así como bloqueos e boicots ás distribuidoras de non haber avances nos próximos días. Os gandeiros manifestaranse en plena precampaña e prometen seguir tamén na campaña se os prezos seguen así de baixos. 

O sector volverá á rúa con entregas gratuítas de leite, tractoradas e bloqueos á distribución

Perante esta realidade, a Plataforma en defensa do sector lácteo convocou mobilizacións a partir da segunda feira (31 de novembro) que consistirán en entregas gratuítas de leite nas cidades que terán lugar diante das áreas comerciais. Aliás, volverán saír en tractorada pola Coruña e Compostela e advirten que bloquearán as distribuidoras se non hai avances nos vindeiros días.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.