0 Gardados para despois

O incendio de Entrimo mantense activo tras queimar 2.800 hectáreas

Redacción | @prazapublica

O incendio de Entrimo permanece activo na mañá deste venres logo de quemar xa unhas 2.800 hectáreas. Así o asegura a Consellería do Medio Rural no balance diario do lume en Galicia, que continúa a afectar oito localidades máis con incendios aínda activos per xa controlados, seis na provincia de Ourense e dous na de Lugo. 

A Xunta vén de desactivar a situación 2 por risco para as casas no incendio de Entrimo

No máis grave, o de Entrimo, Medio Rural mantivo decretada a situación 2 ata este mediodía por risco para as casas da parroquia da Illa, pero vén de ser desactivada. O incendio comezou á tardiña deo pasado martes e afecta tamén o municipio de Lobios. No control das lapas traballan un técnico, 36 axentes, 90 brigadias, 47 motobombas, dúas pas, 10 helicópteros e catro avións, ademais de colaborar grupos de emerxencias supramunicpais e bomberos comarcais. 

Nos últimos tres días, as lapas calcinaron máis de 6.000 hectáreas na provincia de Ourense

Nos últimos tres días, os incendios activos na provincia de Ourense arrasaron unha superficie de máis de 6.000 hectáreas, obrigando en varios casos a decretar ese nivel 2 pola proximidade do lume a núcleos habitados e afectando espazos protexidos e de gran valor medioambiental, coma o Parque Natural do Xurés, Reserva da Biosfera transfronteriza e Rede Natura.

Na actualidade, desde pasada a medianoite está controlado o incendio declarado en Oímbra e que xa queimou máis de 2.000 hectáreas, ao igual que o de Lobeira, que arrasou máis de 20. Tamén se lograron controlar o de Lobeira, con 75 hectáreas afectadas. 

Ademais, e respecto do grave incendio de Monterrei, tamén logrou ser controlado sobre a medianoite do xoves ao venres logo de afectar xa máis de 300 hectáreas, a maioría delas arboradas. En Chandrexa de Queixa, as lapas tamén agromaron na noite de xoves, estando xa tamén controlado e afectando unhas 40 hectáreas de monte raso. 

Xa desde o xoves, contrólanse tamén os incendios en Boborás, cono máis de 600 hectáreas, o de Navia de Suarna (55) e os que afectan o concello de Muíños, que afectaron unhas 800 hectáreas do Parque Natural do Xurés. 

A vaga de incendios deste mes de setembro xa queimou máis hectáreas que a de agosto

Na provincia de Lugo, quedou controlado o incendio de Chantada, mentres que no Carballiño lográronse extinguir as lapas tras queimar unhas 40 hectáreas. 

A vaga de incendios que afecta Galicia desde este luns queimou xa 7.000 hectáreas e é a máis grave mesmo que a da segunda semana de agosto, cando arderan unhas 6.000. 

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.