A conferencia para a abolición da tauromaquia procura o apoio de BNG, EU e PSdeG

Cartaz da Conferencia © Galicia, mellor sen touradas

Este sábado pola tarde celebrarase na Coruña a Conferencia Internacional pola Abolición da Tauromaquia, organizada por Galicia, Mellor Sen Touradas e CAS-International. Este venres os responsables destas dúas entidades, encabezados por Rubén Pérez e Marius Kolff (director de CAS-International) mantiveron encontros cos grupos políticos da oposición municipal, PSdeG-PSOE, BNG e EU.

O encontro co PSdeG-PSOE, representado por Mar Barcón e Yoya Neira, foi igualmente "distendido", segundo Pérez Sueiras, aínda que tivo un carácter distinto aos outros dous, "pois o PSdeG foi o gran baluarte das touradas na cidade"

Rubén Pérez Sueiras salientou a este respecto que a coincidencia con BNG e EU é "total", pois teñen "un posicionamento definido a prol da fin das subvencións ás touradas". O encontro co PSdeG-PSOE, representado por Mar Barcón e Yoya Neira, foi igualmente "distendido", segundo Pérez Sueiras, aínda que tivo un carácter distinto aos outros dous, "pois o PSdeG foi o gran baluarte das touradas na cidade". Porén, Rubén Pérez dixo confiar en que o seu paso pola oposición, así coma a renovación do seu grupo municipal "poidan levar a un cambio de criterio".

O responsable de Galicia, mellor sen touradas dixo que non quería centrar o debate en "touradas si, touradas non", senón en "subvencións si, subvencións non", porque considera que se non hai subsidios públicos, a feira non poderá continuar. A este respecto, cre que a única empresa que se presentou ao concurso para organizar a feira "pensarao dúas veces en anos vindeiros", cando vexa o escaso éxito que ten na Coruña. En calquera caso, Pérez Sueiras sitúa como obxectivo o ano 2015, ano electoral, coma a fin definitiva das touradas na Coruña. E concluíu: "subvencionar un espectáculo no que se tortura un animal non debería ser unha prioridade para ningún goberno".

 

Os encontros cos grupos

Pérez Sueiras sitúa como obxectivo o ano 2015, ano electoral, coma a fin definitiva das touradas na Coruña

Marius Kolff puxo o énfase na imaxe da Coruña en Europa, principalmente nos países que el coñece máis directamente, Holanda e Bélxica. Kolff destacou o rexeitamento que as touradas xeran nos turistas europeos e en como moitos deles rexeitan viaxar a cidades que teñan corridas de touros. Isto afecta moi especialmente ao turismo de cruceiros, no que os seus usuarios sempre se sorprenden de que unha cidade coma A Coruña conte cunha feira taurina e mesmo a promocione, no canto de apoiar outros atractivos.

Kolff destacou o rexeitamento que as touradas xeran nos turistas europeos e en como moitos deles rexeitan viaxar a cidades que teñan corridas de touros

Xosé Manuel Carril, voceiro do BNG no Concello, realizou un percorrido histórico pola presenza de touradas en Galicia e na propia cidade da Coruña para demostrar que a tradición no noso país é case inexistente. Pola súa banda, César Santiso, concelleiro de Esquerda Unida considera que o goberno municipal volve a enganar á cidadanía subvencionando de maneira encuberta á feira taurina e engadiu que “a actitude do goberno municipal semella inaceptábel, pois utiliza unha triquiñuela, como sacarse da manga un concurso ecuestre como coartada para habilitar o Coliseum para as touradas a conta do Concello, é dicir con cartos municipais, é dicir de todos e todas”.

Cartaz da Conferencia © Galicia, mellor sen touradas

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.