0 Gardados para despois

"Quen teña honra, que nos siga!": maratón radiofónico contra o peche de Cuac FM

Redacción | @prazapublica

Tras 21 anos ininterrompidos de emisión no 103.4 da FM da Coruña, Cuac FM está a piques de perder o seu apelido de frecuencia modulada. A emisora comunitaria máis veterana das operativas en Galicia ten que cesar as súas emisións analóxicas pola ameaza de sanción de ata 200.000 euros notificada pola Secretaría Xeral de Medios, o departamento da Xunta ante o que Cuac tentou, sen éxito, optar a unha licenza abeirada na lei de comunicación audiovisual do ano 2010. Diante do que semella un peche inevitable, a radio comunitaria lanzou a campaña #CuacResiste e, antes de continuar emitindo só en internet, está a desenvolver un maratón que se prolongará ata a medianoite deste domingo, 1 de outubro.

As socias e socios de Cuac FM emiten ininterrompidamente na súa frecuencia habitual e tamén a través do streaming dixital dende as nove da noite do venres. "Serán -explican- 28 horas, 3 minutos e 40 segundos de emisión, producidas polas voluntarias da emisora" e tamén por "antigos colaboradores, que se sumaron a este programa especial", o último antes do apagón analóxico de Cuac "ocasionado polo expediente sancionador" da Xunta.

Cuac FM, sinalan, "quere seguir sendo un espazo aberto á comunidade" tamén na hora do peche analóxico e por iso o maratón, ilustrado cunha imaxe de María Pita, está aberto á participación da audiencia tanto dende os estudios, na Zapateira, como do chat, do teléfono 881 01 22 32 ou do WhatsApp, no 644737303. "Quen teña honra, que nos siga!", din dende Cuac FM parafraseando a heroína coruñesa. Velaquí toda a programación prevista en Cuac FM antes de seguir emitindo só en dixital.

Hora Programa
21:00 Y a ti que te importa
22:00 Simplemente gente
23:00 Mi rollo es el rock
0:00 La tarde a nuestra manera
1:00 Spoiler CUAC FM
2:00 El Desinformativo
3:00 El Desinformativo
4:00 Perforacción
5:00 Daniel Paglia
6:00 Daniel Paglia
7:00 Daniel Paglia
8:00 A radio dos gatos
9:00 Nubes de Papel
10:00 Folk in trío
11:00 En Boxes
12:00 Radiantes
13:00 La hora del Rock and roll
14:00 Lucas (Dentro de un Orden)
15:00 Radiocassette
16:00 Millenial
17:00 Recendo
18:00 Loco Iván
19:00 Lali & Friends
20:00 Cuac and Roll
21:00 Héctor Está a Pasar
22:00 Sin Etiquetas
23:00 Circo Pirata
0:00 Especial Jam session peche
1:03:40 … pasamos a Internet

 

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.