0 Gardados para despois

Lume Nunca Máis: Convocadas 38 concentracións para este luns pola tarde

Redacción | @prazapublica

Dende primeira hora deste luns comezaron a ser convocadas nas principais cidades e vilas galegas unha serie de concentracións de urxencia baixo o lema Lume Nunca Máis. O noso monte importa. As concentracións, en réxime de convocatoria, terán lugar ás 20 horas (agás algunha excepción). Ao longo do día foron incorporándose novas convocatorias, en todas as comarcas galegas e tamén fóra: Madrid, Barcelona, Sevilla, Lisboa ou Bruxelas.

Baixo o lema #LumesNuncaMáis chámase a atención sobre "a falta de medidas políticas no terreo forestal de Galicia" e contra "o terrorismo medioambiental" que está a sufrir o país. "Árdennos Galicia. Porque Galicia non arde soa, nin é cousa de mal bíblico. Isto é terrorismo ambiental", destácase nunha das convocatorias. "Non é normal que a Xunta desactive o dispositivo contra incendios nun outubro de extrema seca e climatoloxía adversa. Non é normal que as brigadas non traballen no monte en tarefas de prevención o resto do ano. Non é normal, que haxa tal desinformación e que se minimice o impacto de 235 lumes en 15 días", engádese.

 

Concentracións convocadas para ese luns. Todas ás 20 horas

Ourense. Casa de Chocolate
Sarria. Praza do Concello
Vigo. Diante do Marco
A Coruña. Obelisco
Nigrán. Paseo da Ramallosa
Compostela. Praza do Toural
Lugo. Edificio Multiúsos da Xunta
Pontevedra. Praza da Peregrina
Ferrol. Praza de Amada García
Cangas do Morrazo. Praza do Concello
Monforte de Lemos. Praza de España
Ribeira. Praza do Concello
Cambados. Praza do Concello
Lalín. Praza de Lóriga
As Pontes. Diante do Concello
O Carballiño. Praza Maior
Ribadavia. Praza Maior
Betanzos. Praza do Concello
Rianxo. Praza de Padrón
O Barco de Valdeorras. Diante do Concello (19 horas)
Verín. Praza do Concello
Xinzo. Diante do Concello
A Guarda. Praza do Reló
Castro Caldelas. Praza do Prado
Redondela. Praza do Concello
Foz. Praza do Concello
Sada. Praza de San Roque
Vilagarcía de Arousa. Diante do Concello
Viveiro. Praza Maior
Foz. Praza do Concello

Ponferrada. Plaza del Ayuntamientoo
Madrid. Puerta del Sol
Barcelona. Plaça Sant Jaume
Girona. Plaça Del Vi
Brescia. Piazza de la Loggia
Lisboa. Consulado de España (21 horas)
Bruxelas. Grand Place
Sevilla. Plaza Nueva

 

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.