0 Gardados para despois

O BNG denuncia en Bruxelas o transvasamento do río Verdugo

Redacción | @prazapublica

O BNG denunciará a Xunta ante o Parlamento Europeo polo transavasamento que pretende realizar desde o río Verdugo ao encoro de Eiras, que abastece Vigo e boa parte da súa área metropolitana. O Bloque, a través da súa voceira en Bruxelas, Ana Miranda, demandará o Goberno galego por delito medioambiental ao entender que a medida para garantir o subministro de auga potable na urbe viguesa incumpre a normativa europea. 

O BNG denunciará o transvasamento do río Verdugo a Eiras por un presunto delito medioambiental

O anuncio desta denuncia chegou no mesmo día no que Soutomaior se uniu a Ponte Caldelas e Pontevedra no seu rexeitamento ao transvasamento proposto por Augas de Galicia. Convocada polo BNG, unha manifestación na ponte de Comboa xuntou medio milleiro de persoas contrarias a esta operación

O voceiro do BNG no Concello, Manu Lourenzo, confirmou na mobilización que a denuncia xa está encarreirada e que con ela a formación nacionalista busca frear un transvasamento que, din, non ten "ningún tipo" de informe técnico nin ambiental. Segundo asegura, todos os biólogos consultados advirten da "importante influencia" que a operación terá sobre o río Verdugo e os bancos marisqueiros da ría de Vigo ao reducirse o caudal do río e afectar todo o ecosistema. 

O Bloque critica un transvasamento "lesivo e prexudicial" e que non cumpre coa normativa europea

Os manifestantes denuncian un transvasamento "lesivo e prexudicial" e  un modelo "antiecolóxico", ao igual que advirte Ana Miranda. A operación que prevé a Xunta executaríase en tres meses e consiste en construír unha rede de tubaxes de cae 7 quilómetros para subministrar uns 350 litros de agua por segundo entre o Verdugo e o encoro de Eiras. O custo das obras será de 5,5 millóns de euros. 

La actuación prevista por el gobierno gallego, valorada en 5,5 millones de euros, tiene un plazo de ejecución de tres meses y pretende construir una red de 6,6 kilómetros de tuberías, a través de las cuales suministrar unos 350 litros de agua por segundo entre el río Verdugo y el embalse de Eiras. Esta cantidad de agua supone, aproximadamente, un tercio de las necesidades de Vigo y su área de influencia.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.