O ERE de El País deixa na rúa oito dos doce traballadores da delegación galega

Dominio Público Praza Pública

Xa se coñecen as cifras exactas do ERE que aplicará El País tanto no conxunto do xornal como especificamente na súa delegación en Galicia. 149 traballadores -dos ao redor de 450 cos que conta- perderán o seu emprego: 128 despidos a 20 días por ano cun máximo de 12 mensualidades brutas, 21 prexubilacións para maiores de 59 anos, ademais dun 15% de redución de salario para todo o cadro de persoal. En Galicia a medida levará por diante a 8 dos 12 traballadores: os tres administrativos e 5 dos 9 xornalistas contratados. A isto engádese a supresión doutras colaboracións externas coas que se construía o caderniño desaparecido hai uns días.

Dende esta tarde na edición dixital e dende mañá na impresa entra en vigor unha folga de sinaturas que durará un mes

Dende esta tarde na edición dixital e dende mañá na impresa entra en vigor unha folga de sinaturas que durará un mes. Ademais, o Comité de Empresa aprobou en asemblea este luns a convocatoria de 18 días de folga, que se levaran a cabo máis adiante. Os traballadores da edición galega teñen asemblea este mércores e decidirán entón que días se levan a cabo esas xornadas de paro. As condicións dos despedimentos serán as que marca la Reforma Laboral impulsada polo Goberno del PP, e que foi criticada abertamente nos diferentes medios de comunicación de PRISA. Os traballadores recibirán apenas unha indemnización de 20 días por ano traballado.

O Comité de Empresa denuncia presións ante a medida da retirada de sinaturas e xa emitiu unha reprobación pública a Juan Luis Cebrián: a declaración considera "inmoral e contrario aos principios deontolóxicos recollidos no libro de estilo que o presidente se embolse millóns de euros mentras intenta despedir 149 compañeiros" e esíxelle a Cebrián "que devolva boa parte dos millóns que levou nestos anos co fin de axudar a facilitar o futuro desta empresa". O presidente de Prisa cobrou 13 millóns de euros en 2011. O texto remata acusando a Cebrián de "descualificar o noso traballo, denigrar publicamente o xornal que debería defender con unllas e dentes e burlarse dos centos de milleiros de españois que a diario acoden ao quiosco para pagar polo produto que facemos entre todos".

Tamén transcendeu que este martes Joaquín Estefanía -ex director do xornal- se enfrontou abertamente a Cebrián no transcurso dunha reunión

Tamén transcendeu que este martes Joaquín Estefanía -ex director do xornal- se enfrontou abertamente a Cebrián no transcurso dunha reunión. Estefanía afirmou que “o ERE vai producir un deterioro irreversible na plantilla e un desgarro emocional do que os traballadores non se van recuperar nunca”. Molesto polas informacións publicadas pola dirección do xornal das que se deducía que tamén apoiara a medida, Estefanía, apoiado por Soledad Gallego-Diaz, concluiu dicindo que "estiven contigo o 23F, estiven contigo na folga de sinaturas, pero por isto non vou pasar”.

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.