0 Gardados para despois

Nemesio Barxa: "A acusación contra os oito mariñeiros é unha acción premeditada das forzas da orde e do propio xulgado”

Marcos Pérez PenaMarcos Pérez Pena | @marcosperezpena


O avogado ourensán defende seis dos oito mariscadores que a semana que vén serán xulgados por impedir a entrada dos dous primeiros gaseiros que pretendían deixar a súa carga en Reganosa, en maio de 2007. A pesar de que na acción participaron ducias de barcos e de que ao redor de 300 persoas se autoinculparon dos feitos, a Fiscalía concentrou as acusacións en oito persoas.

"Eles teñen que explicar que ían facer unha protesta cidadá, en defensa do seu pan, porque entendían que eses barcos non tiñan todas as autorizacións para entrar na ría"

Nemesio Barxa fíxose cargo da defensa destes mariñeiros hai poucos meses, o que xustificou o adiamento do xuízo, para poder ter tempo de preparala. Barxa modificou a estratexia que nun comezo preparara o anterior avogado co que contaban, consistente que negar a súa implicación nos festos dos que se lles acusa.

“Eles teñen que asumir que estaban alí, porque hai documentos gráficos que os identifican, e teñen que asumir que ían alí por algo, que non ían pescar", di Barxa, que engade: "Outra cousa é como asumen os feitos, eles teñen que explicar que ían facer unha protesta cidadá, en defensa do seu pan, porque entendían que eses barcos non tiñan todas as autorizacións para entrar na ría. Eles foron alí a protestar”.

"A xustiza non é igual para todos, e ao final colleron a un que ten unha lancha de remos, ou a outro que é un mariñeiro asalariado, e alí había corenta barcos que teñen o seu patrón"

Barxa acusa á Fiscalía de ter escollido estes mariñeiros de entre as moitas persoas que participaron na protesta, concentrando neles as acusacións: “A xustiza non é igual para todos, e ao final colleron a un que ten unha lancha de remos, ou a outro que é un mariñeiro asalariado, e alí había corenta barcos que teñen o seu patrón e os seus mariñeiros empregados, e había algún barco deportivo e había algún veleiro. E había xente que dixo que estaba alí e que se autoinculpou, xente con outro poder adquisitivo: médicos, avogados... E con estes non se meten, métense cos máis desgraciados, ou cun señor que todos van por el, que é Bastida". Para o avogado, "a repercusión que pode ter unha sentencia condenatoria a nove mariñeiros é moi distinta dunha sentencia que condene a outras persoas. É unha acción premeditada por parte das forzas da orde e por parte do propio xulgado”.

Unha das primeiras accións de Barxa como defensor foi pedirlle á xuíza, María Jesús García, titular do xulgado do Penal número 2 de Ferrol, que habilitase unha sala máis grande da prevista, e propuxo que se celebrase no salón de actos do Colexio de Avogados, situado fronte aos xulgados. O fiscal encargado do caso xa anunciou que se oporía a esta medida. Barxa argumenta que no lugar previsto non hai espazo nin sequera para as testemuñas e cre que "a xente que está sensibilizada co tema, debe escoitar o que se diga no xuízo, para sacar as súas conclusións. Hai xente que pensará: 'mira, aí está o Bastida, pobre home, o que debería estar aí xulgado son eu, que era o que dicía as cousas” 

"A xente que está sensibilizada co tema, debe escoitar o que se diga no xuízo, para sacar as súas conclusións"

O xurista cre que até o momento o xulgado demostrou moi pouca "sensibilidade" neste caso: “É un tema moi fodido, porque hai xente que ten antecedentes, e se lle cae unha condena terá que ir a prisión, e non sei con que sensibilidade o van tomar no xulgado. Polo de agora a sensibilidade foi nula”. Barxa négase a facer un prognóstico da resolución do caso, malia estar convencido de que a razón e a xustiza están do lado dos mariñeiros que el defende: "levo 53 anos de exercicio profesional e debe facer uns corenta que non creo na xustiza en absoluto. Non podo aventurar nada, pode ser calquera cousa”

“A xustiza non é igual para todos, e ao final colleron a Jesús Picos que ten unha lancha de remos, ou a outro, que é un mariñeiro asalariado, e alí había corenta barcos que teñen o seu patrón e os seus mariñeiros empregados, e había algún barco deportivo e había algún veleiro. E había xente que dixo que estaba alí e que se autoinculpou, xente con outro poder adquisitivo: médicos, avogados... E con estes non se meten, métense cos máis desgraciados"

A policía empregou a violencia para impedir a protesta

Os mariscadores, fronte ao Galicia Spirit, o gaseiro que pararon en dúas ocasións

Os mariñeiros, fronte ao barco

Os mariñeiros, fronte ao barco

Os mariñeiros, fronte ao barco

No peirao de Ferrol concentráronse centos de persoas ese 7 de maio

No peirao de Ferrol concentráronse centos de persoas ese 7 de maio

A presenza policial para permitir a entrada do buque era moi importante

A presenza policial para permitir a entrada do buque era moi importante

No peirao de Ferrol concentráronse centos de persoas ese 7 de maio

A presenza policial para permitir a entrada do buque era moi importante

A presenza policial para permitir a entrada do buque era moi importante

A policía empregou a violencia para impedir a protesta

A policía cargou con dureza contra as persoas que tentaban impedir a entrada dos gaseiros

A policía empregou a violencia para impedir a protesta

Foi detido Bernardo Bastida, patrón maior da Confraría de Ferrol

Foi detido Bernardo Bastida, patrón maior da Confraría de Ferrol

Nas semanas seguintes unha marcha a pé até Teixeiro reclamou a liberación de Bastida

Nas semanas seguintes unha marcha a pé até Teixeiro reclamou a liberación de Bastida

Nas semanas seguintes unha marcha a pé até Teixeiro reclamou a liberación de Bastida

No peirao de Ferrol concentráronse centos de persoas ese 7 de maio

Así se parou o 'Galicia Spirit'

Centos de cidadáns, en máis de corenta embarcacións, foron quen de parar en tres ocasións (7, 8 e 29 de maio de 2007) os gaseiros que pretendían deixar a súa carga na planta de Reganosa, que estaba a piques de entrar en funcionamento. A policía empregouse con dureza e chegou a pechar o peirao de Ferrol para impedir as accións. Finalmente, sesenta mariñeiros, entre as moitas persoas que participaron, foron acusados "de desordes públicas, desobediencia grave á autoridade e coaccións graves". O 22 de marzo, cinco anos despois, iníciase o xuízo contra oito mariscadores nos que a Fiscalía concentrou as acusacións.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.