SOS Courel defende a proposta de declaración de parque natural

O Courel, no outono Dominio Público Praza Pública

A pasada semana os votos do Partido Popular botaron abaixo no Parlamento unha iniciativa de AGE que instaba a Xunta a iniciar os trámites para a declaración do Courel como parque natural. Nese momento a alcaldesa de Folgoso, a popular Dolores Castro, reiterou a posición favorable do PP á declaración e xustificou o voto contrario pola situación económica e pola necesidade de elaborar previamente un plan director para definir as zonas de meirande interese natural e patrimonial. Castro tamén acusou a AGE de non ter debatido a proposta cos veciños e cos colectivos implicados.

A asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel vén de responderlle e de rexeitar todas as escusas ofrecidas pola alcadesa. En primeiro lugar defende que AGE si realizou esta proposta en colaboración co propio colectivo e nega, ademais, que a crise económica poida ser unha razón para denegar a conversión do Courel en parque natural: "para declarar parque natural non fai falla investir tantísimo, so fai falla respectar e coidar o territorio. Ademáis son fondos que veñen da Comisión Europea, que non está en crise, e só se permiten usar en temas de conservación da natureza".

SOS Courel ve intereses mineiros da negativa do PP a aprobar a declaración no Parlamento: "na Rede Natura do Courel hai moitas concesións mineiras e as empresas aínda non perderon a esperanza de explotalas, cousa que co Parque Natural lle sería imposible"

SOS Courel ve intereses mineiros da negativa do PP a aprobar a declaración no Parlamento: "na Rede Natura do Courel hai moitas concesións mineiras e as empresas aínda non perderon a esperanza de explotalas, cousa que co Parque Natural lle sería  imposible". E engade que boa parte das tarefas previas e trámites necesarios para levar adiante a declaración: "o Plan Director da Rede Natura xa está elaborado e a zonificación da que fala xa está rematada, a mesmiña zonificación que vai ter o Parque Natural estivo en periodo de participación dos veciños e de alegacións dos veciños".

Feijóo, nun acto en Folgoso do Courel © Conchi Paz

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.