Baltasar foi 'liberado' tras protestar contra as coitelas de Melilla

A figura de Baltasar, fronte á SX de Emigración CC-BY-SA Merixo

O rei Baltasar foi liberado. A figura do belén da praza do Obradoiro de Compostela, que levaba desde a madrugada do xoves desaparecido, apareceu xunto a unha pancarta contra as coitelas do valado de Melilla, colocadas polo Goberno central para tentar evitar a chegada de persoas migrantes.

O Concello de Santiago xa confirmou que a figura fora localizada tras a chamada dun cidadán que na madrugada do sábado ao domingo advertiu a súa presenza na porta da sede da Secretaría Xeral de Emigración, na rúa de Santa Clara. Agora, será devolta ao nacemento logo doutra nova acción reivindicativa e que se une á que o colectivo Fartas (Fomos Armala Raptando Temporalmente Ao Susiño) protagonizara o ano pasado ao secuestrar a figura do neno Xesús en protesta polos recortes e polos desafiuzamentos.

Daquela, incluso fixeran público un vídeo no que se advertía que o neno se atopaba en bo estado e no que explicaban a súa acción reivindicativa.

A figura de Baltasar, fronte á SX de Emigración CC-BY-SA Merixo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.