A veciñanza rebélase e paraliza as obras na rotonda de Coia

Os veciños paralizan as obras na rotondo da Coia Dominio Público @AlicercesRS

Coia rebélase contra a instalación dun histórico barco de Bernardo Alfageme na rotonda de Castelao. Veciñanza do popular barrio de Vigo concentráronse desde primeiras horas da mañá na zona, tal e como acordaran nunha asemblea aberta do día anterior, para deter as obras que se realizan para a instalación desta embarcación. Lograron o seu obxectivo sen incidentes e impediron que se continuase coas operacións para instalar esta embarcación.

Unha protesta veciñal desde primeiras horas da mañá conseguir paralizar as obras

Ademais de veciños, tamén houbo na protesta representantes do BNG, Anova ou Equo e membros de colectivos como a Federación veciñal. As accións contaron co apoio da Asemblea de Movementos Sociais de Vigo. Todos critican o custo da obra, que superaría os 300.000 euros, e denuncian que a instalación deste barco non terá efecto positivo ningún na economía nin na estética da zona. A decisión do goberno local é unilateral, xa que BNG e PP rexeitaron no pleno este emprazamento e recomendaron que a embarcación fose colocada no Museo do Mar do peirao vigués.

O importa da obra non pode comprobarse, tal e como denuncian os manifestantes, xa que no apartado de Perfil do Contratante da web do Concello non aparece por ningures o contrato. Desde Coia denúnciase que mentres o Concello gasta os cartos nesta obra e noutras actuacións que consideran nada urxentes, non hai diñeiro dabondo para o local de Sereos, as Axudas de Emerxencia Social ou o cheque social. Ademais, lembran a precaria situación de desemprego e pobreza pola que pasan moitos veciños do barrio e da cidade.

As concentacións continuarán nos vindeiros días, xa que son varios os colectivos que convocaron unha nova concentración para este venres a partir das 19 horas. "Non ao barco de Chanquete" é o lema dunha protesta á que seguirán máis manifestacións veciñais.

Dominio Público Praza Pública
Os veciños paralizan as obras na rotondo da Coia Dominio Público @AlicercesRS

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.