O Reino Unido puxo en marcha en 2005 un sistema de condenas indefinidas que sempre contou coas criticas dos grupos de esquerda e os colectivos de defensa dos dereitos civis. O sistema británico é moi semellate ao adoptado por España despois da reforma do código penal anunciada por Gallardón. Agora o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos vén de darlle un duro golpe ao fallar en favor de tres presos aos que se impedira acceder aos cursos de rehabilitación.
O tribunal determina que estas persoas "non tiveron unha opción realista de reducir o seu risco de reincidencia mediante a rehabilitación", e acusa o goberno británico de incumprir os artigos 1 e 5 da Convención Europea de Dereitos Humanos que se refiren a que "toda persoa ten dereito á liberdade e á seguridade" e a que ninguén pode ser privado da súa liberdade". O tribunal condena o Gobero británico a indemnizar economicamente os tres demandantes, con cantidades que van dos 3.000 aos 8.000 euros. Esta sentenza coincide e dálles a razón aos críticos coa prisión permanente aprobada polo Partido Popular.