O manifesto reclama que "os nosos dereitos son intocables" e que "non hai pacto posible con quen defenden nas institucións as pretensións dos violentos"
O pacto de Goberno en Andalucía ao que chegaron PP, Ciudadanos e VOX recibiu dende o primeiro momento as críticas de moitos sectores sociais, especialmente dende o feminismo, un dos sectores que a ultradereita puxo no seu punto de mira. Así, a pasada semana un cento de organizacións feministas presentaron en cidades de todo o Estado (entre elas Ourense) o manifesto Nin un paso atrás, que critica o acordo tripartito entre as tres forzas da dereita e reclama que "os nosos dereitos son intocables" e que "non hai pacto posible con quen defenden nas institucións as pretensións dos violentos"
Este martes, ademais, o movemento feminista convoca concentracións en todo o país baixo o lema "Os nosos dereitos non se negocian!". Haberá concentracións nas sete cidades galegas e mais en vilas como Ribeira, Sarria, Monforte, Viana do Bolo e Lalín.
En Suecia está cerca de consolidarse un cordón sanitario para evitar que a formación de ultradereita Demócratas Suecos chegue ao Goberno
"As feministas non poder ficar impasibles ante a intención de VOX de poñer en dúbida a existencia da desigualdade estrutural entre homes e mulleres e o seu negacionismo da violencia de xénero, polo que é un deber saír a defender os avances tanto conceptuais como legais que tanto lle custou conquistar ao movemento feminista", sinala Jennifer Santín Vivero, integrante da Plataforma Feminista de Lugo, que acusa a PP e Ciudadanos de "reducir os dereitos das mulleres a mera moeda de cambio política e dando lexitimidade a un discurso antidemocrático e abertamente fascista que non debería ter cabida nunha democracia".
Precisamente esta fin de semana chegaba a noticia de que en Suecia está cerca de consolidarse un cordón sanitario para evitar que a formación de ultradereita Demócratas Suecos (que foi a terceira máis votada nas últimas eleccións) chegue ao Goberno. Dúas formacións de centrodereita, Liberais e Centro, que formaban parte do bloque conservador A Alianza, apostarán finalmente por facilitar un executivo liderado polos socialdemócratas.
Concentracións convocadas este martes 15 de xaneiro
- A Coruña. Ás 20 horas no Obelisco
- Ferrol. Ás 20 horas na praza da Constitución
- Santiago de Compostela. Ás 20 horas na praza 8 de Marzo
- Ribeira. Ás 20 horas na praza do Concello
- Lugo. Ás 19.30 horas diante do Concello
- Sarria. Ás 20 horas na praza da Constitución (diante do Concello)
- Monforte de Lemos. Ás 20 horas na praza de España
- Ourense. Ás 19 horas diante da Subdelegación do Goberno (parque de San Lázaro)
- Viana do Bolo. Ás 18 horas na praza Maior
- Pontevedra. Ás 19 horas na praza da Peregrina
- Vigo. Ás 20 horas diante do MARCO
- Lalín. Ás 20:30 horas na praza da Igrexa
Masivas mobilizacións
As mobilizacións convocadas por colectivos feministas e secundadas por representantes de forzas políticas como o PSdeG, En Marea ou o BNG. "Nin un paso atrás na loita feminista", reiterouse en rúas e prazas, onde as organizacións convocantes subliñaron que "cos nosos dereitos non se negocia".
Manifestacións feministas en Galicia ao berro de "nin un paso atrás"
-
Mobilización feminista en Vigo o 15/01/2019 contra os pactos coa extrema dereita -
Mobilización feminista en Lugo o 15/01/2019 contra os pactos coa extrema dereita -
Mobilización feminista na Coruña o 15/01/2019 contra os pactos coa extrema dereita -
Mobilización feminista en Pontevedra o 15/01/2019 contra os pactos coa extrema dereita -
Mobilización feminista en Ferrol o 15/01/2019 contra os pactos coa extrema dereita -
Mobilización feminista en Ourense o 15/01/2019 contra os pactos coa extrema dereita -
Mobilización feminista en Santiago o 15/01/2019 contra os pactos coa extrema dereita