Dereito á unha vivenda digna. Equilibrio persoal e cohesión social

O dereito a unha vivenda digna está recollido en toda a lexislación internacional e na propia Constitución Española. Pero este dereito está sendo conculcado en beneficio de intereses económicos e especulativos, amparándose nunha situación de crise causada polos poderes económicos e financeiros e consentida polos gobernos que traizoan os intereses da cidadanía á que debían representar e protexer. A especulación e o crecemento desordenado da construcións fixo que moitas familias se endebedasen para comprar unha vivenda e outras foron desaloxadas a través de desmantelamento de poboados para seren ocupados os terreos por urbanizacións para a especulación e aumento da burbulla inmobiliaria.

O goberno Español actúa neste caso de forma inxusta e desproporcionada ao defender os intereses dos poderes económicos e castigar ás persoas máis débiles e desfavorecidas

Cando a burbulla estoupa pola crise, miles de familias son expulsadas das súas vivendas sen ter en conta a situación familiar e deixándoas en estado de desamparo e humillación social. O goberno Español actúa neste caso de forma inxusta e desproporcionada ao defender os intereses dos poderes económicos e castigar ás persoas máis débiles e desfavorecidas. Con esta actuación o goberno desoe as recomendacións de Nacións Unidas que esixen a garantía dunha vivenda axeitada, adquirible e accesible.

Diante esta situación os cidadáns afectados víronse na necesidade de autorganizarse para defenderen os seu dereitos e un trato igualitario, pero dende o goberno foron marxinados e reprimidos nas súas manifestación e rexeitaron no Parlamento as súas propostas dunha lexislación máis humana e máis xusta. Dende Amnistía Internacional pedimos que se asegure a participación substancial e informada das persoas afectadas e das súas organización nos procesos de desaloxos de vivendas, para evitar situacións de desamparo e inxustiza e para que a vivenda sexa un dereito básico das persoas e non un obxecto de comercio e consumo.

O Relator Especial sobre a vivenda adecuada de Nacións Unidas indicou no seu informe sobre España que se ben “a Constitución recoñece que a vivenda é un dereito básico, na práctica é considerada un ben de consumo”

O dereito á vivenda que recoñece a Constitución en España está desprotexido, pois non foi regulado como un dereito humano, nin se protexeu xuridicamente, provocando que as persoas non conten cos mecanismos efectivos para esixir este dereito. O Relator Especial sobre a vivenda adecuada de Nacións Unidas indicou no seu informe sobre España que se ben “a Constitución recoñece que a vivenda é un dereito básico, na práctica é considerada un ben de consumo”.

España subscribiu o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (PIDESC), o cal implica un maior compromiso con respecto ao dereito á vivenda. En consecuencia Amnistía Internacional recórdalle ao Estado a súa obriga de non levar a cabo desaloxos forzosos e garantir que tampouco sexan realizados por particulares ou entidades privadas. O sistema hipotecario español contravén a Directiva 93/13 da UE ao permitir cláusulas abusivas e non garantir a protección xudicial axeitada, tal como se recoñecen na recente sentencia do Tribunal de Dereitos Humanos. España non ten establecido nin na lei nin na práctica unha prohibición expresa dos desaloxos forzosos, nin ten avaliado o impacto dos mesmo, incumprindo as recomendacións da ONU.

España non ten establecido nin na lei nin na práctica unha prohibición expresa dos desaloxos forzosos, nin ten avaliado o impacto dos mesmo, incumprindo as recomendacións da ONU

Consideramos totalmente inxusto e denigrante para as persoas que existindo un número moi elevado de vivendas baleiras en todo o Estado Español se estean producindo desaloxos forzosos e permitindo que as persoas se queden sen fogar onde poder vivir dignamente e criar a súa familia.

Con crise ou sen crise as persoas non poden ser expostas a vivir na rúa, perdendo súa dignidade e desatendendo os dereitos de nenos e maiores en situación de desamparo e de exclusión social. Cos dereitos non se comercia. Recomendamos paralizar os desaloxos ata garantir que a lexislación asegure procedementos e recursos xudiciais apropiados e para que os Dereitos Humanos sexan protexidos. Con crise ou sen crise a dignidade das persoas e o seu dereito a un teito para vivir deben ser o primeiro.

***
Con crise ou sen crise os dereitos das persoas son o primeiro. No actual contexto de crise e austeridade no que España está sumida, Amnistía Internacional lanza a campaña “Vannos oír”, co obxectivo de esixir ao Goberno que, diante da crise económica, antepoña os dereitos humanos das persoas fronte aos intereses comerciais, financeiros e políticos.

ACTÚA!. Asina para que nos escoiten moi alto en www.nosvanaoir.org

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.