Logo do 9N

O 9N tivo unha chea de momentos emotivos, como o daquela avoa de noventa anos que levaba unha senyera ás costas. Ía collida do brazo do seu acompañante, saía triunfante e vitoriosa despois de depositar o seu voto na urna. Pasou ao longo da fileira dos que agardabamos para entrar e deunos forzas.

Pareceume admirable o traballo dos máis de corenta mil voluntarios que fixeron que o 9N fose posible. Abriron as portas dos institutos os directores/as que, malia a carta ameazante de Llanos de Luna, a delegada do goberno español en Catalunya, foron quen de dar paso eles mesmos ou entregar as chaves para que os voluntarios o fixesen. No meu caso, cadroume de falar coa directora do IES Ventura Gassol, Maribel, que a pesares do esforzo estaba contenta do resultado.

Xa poden maquillar as cifras como queiran, pero máis de dous millóns de votos, nunha consulta non vinculante, é unha cifra nada desestimable. Houbo oitocentos xornalistas de arredor do mundo seguindo de perto toda a xornada, aínda hai alguén que dubide do éxito do 9N?

Comeza unha nova etapa neste proceso imparable cara a decidir o futuro de Catalunya. Hoxe está máis claro  nunca.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.