O reino de Rey Varela

Segundo as últimas enquisas publicadas neste tramo final cara as eleccións municipais do vindeiro 24 de maio, Rey Varela non só gaña as eleccións senón que revalida a súa maioría absoluta aumentando  o número de representantes. Ferrol de novo é un verso solto na tendencia electoral do resto de España, na que o Partido Popular está perdendo máis apoios.

errol de novo é un verso solto na tendencia electoral do resto de España, na que o Partido Popular está perdendo máis apoios

Os catro anos do goberno de Rey Varela quedan reflectidos de xeito moi claro en @Capunchoncito esa  estatua de bronce feita na honra dun confrade que tivo un custe de 20.000 €. Pero non é a primeira vez que o noso alcalde decide malgastar os cartos de todos os cidadáns. Lembramos os 300.000 € do concerto de Bisbal que saíron do fondo de cultura, nunha cidade que ten as súas bibliotecas públicas (equipamentos e fondos bibliográficos) nun estado lamentable; e nunha cidade na que o Ateneo unha entidade cun fondo bibliográfico de inmenso valor, pode desaparecer por unha débeda de 50.000 € (débeda que o concello prometeu asumir no seu momento). Non contento con converter o edificio do Ateneo nun centro cultural, facendo desaparecer no exterior da fachada esa denominación, tamén quere que desapareza de facto. Cuestión de prioridades?

Nos catro anos de Rey Varela o pequeno comercio da cidade sufriu unha catástrofe sen precedentes no que o 27% pechou neste tempo

Pero os logros de Rey Varela van máis aló deste exemplo de como o goberno local decide investir os cartos dos impostos. Nos catro anos de Rey Varela o pequeno comercio da cidade sufriu unha catástrofe sen precedentes no que o 27% pechou neste tempo. Basta percorrer as rúas do centro de Ferrol para ver esta realidade. O certo é que o noso alcalde, nas anteriores eleccións acusou a Vicente Irrisarri de ser o causante do peche masivo do comercio. O PP levou neste senso unha forte campaña de pegada de adhesivos nos exteriores dos comercios (algúns levaban 20 anos pechados) co lema que dicía “Grazas por nada Irrisarri”. Pero a realidade é clara, o ritmo de peche do pequeno e mediano comercio na cidade acelerouse nos últimos catro anos.

A situación do desemprego especialmente no naval é outro elemento destacable da realidade de Ferrol. Rey Varela acusou ao anterior goberno de non facer nada polo dique flotante, nin de activar a vida económica da cidade de Ferrol. A realidade é que Rajoy, Feijoó e Varela nun mitin conxunto nas últimas eleccións prometeron na cidade de Ferrol o dique flotante. Un dique flotante polo que nin  foron capaces de facer unha consulta formal a Bruxelas.

A realidade é que Rajoy, Feijoó e Varela nun mitin conxunto nas últimas eleccións prometeron na cidade de Ferrol o dique flotante. Un dique flotante polo que nin  foron capaces de facer unha consulta formal a Bruxelas

A taxa de desemprego que supera o 30% por enriba da taxa de desemprego de Galicia e España; unha taxa que seguiu o seu ascenso nestes catro anos: na nosa cidade desapareceron 2278 postos de traballos. Isto non fai más que afondar a crise demográfica do concello cada vez máis envellecido. Nos últimos catro anos a cidade perdeu case 3000 habitantes, situando a Ferrol por debaixo dos 70.000 habitantes (segundo o INE) na súa maioría persoas en idade activa na busca dun mellor futuro laboral.

A situación do emprego como é lóxico incide no ámbito da renda dispoñible das familias. Lembro no verán pasado cando a concelleira de Servizos Sociais afirmou que en Ferrol non había nenos con problemas de alimentación e polo tanto non era preciso a apertura dos comedores escolares nas vacacións estivais. Isto vai moi na liña do discurso triunfalista de Feijoó que cando foi interpelado polo grupo parlamentario AGE no pasado ano sobre o tema, afirmou que en Galicia “todo estaba ben, e que basta de alarmismos”.

En Ferrol durante os anos de Rey Varela (segundo os últimos datos dispoñibles no IGE) a taxa en risco de pobreza (17,48%)  aumentou en sete punto e xa é a maior das sete grandes cidades galegas, e está por enriba da media galega

O certo é que en Ferrol durante os anos de Rey Varela (segundo os últimos datos dispoñibles no IGE) a taxa en risco de pobreza (17,48%)  aumentou en sete punto e xa é a maior das sete grandes cidades galegas, e está por enriba da media galega. Pero logo gastamos 20.000 € nun confrade. Se temos en conta outros datos como o risco de exclusión social (Taxa de pobreza. Estratexia Europa 2020) o dato é aínda máis alarmante, segundo o IGE en Ferrol 30 de cada 100 persoas están en  carencia material severa ou o 60% dos ingresos da unidade do consumo están por debaixo do umbral de supervivencia.

Unha cidade empobrecida na que Rey Varela decide cobrar una taxa de saneamento (4 meses) por unha depuradora que está en construción. Un taxa que no mellor dos casos pode supor un aumento de 50 € no recibo de pagamento da recollida do lixo e auga. Cobrar por un servizo inexistente tamén é unha especialidade do noso alcalde. Non sabemos se esa taxa axuda a costear a multitude de obras e reformas das que é obxecto a cidade dende vai un mes.

A concellería de Igualdade tan vital nestes tempos, está ocupada por unha persoa que non ten nin a formación nin a sensibilidade precisa para tal posto, facendo programas máis propios da sección feminina

Xa para rematar, falar da situación da Igualdade no concello. A Casa da Muller en Ferrol converteuse na actualidade nun local social. A virtualidade dunha Casa da Muller é precisamente xerar redes de apoio e confianza entre mulleres, aportar ferramentas de empoderamento (formación, autocoñecemento, etc). Na actualidade a oferta formativa está composta por cursos de cociña e outros similares para homes e mulleres como se a Casa da Muller fora unha Asociación de Veciños. Por non falar de como  a concelleira de Igualdade converteu os 25N en campañas contra a Violencia en xeral  con agasallos abertamente sexistas que van contra o espírito do día. A concellería de Igualdade tan vital nestes tempos, está ocupada por unha persoa que non ten nin a formación nin a sensibilidade precisa para tal posto, facendo programas máis propios da sección feminina.

O vindeiro 25 de maio veremos se Ferrol escolle a vía do futuro ou a vía do pasado. Está nas nosas mans o cambio

Este e outros son os logros que segundo as enquisas a cidadanía de Ferrol valora á hora de votar de novo por maioría absoluta a Rey Varela. O vindeiro 25 de maio veremos se Ferrol escolle a vía do futuro ou a vía do pasado. Está nas nosas mans o cambio.


“O pobo só é soberano o día das eleccións” (Alfonso R. Castelao)

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.