0 Gardados para despois

Eloy Coto

Vigo capital global da tecnoloxía marítima?

Hai uns días lia este artigo do Washington Post. Neste artigo, ademais de falar do último informe de innovación da UE, falaba do atraso en comparación co "Valley". Todo o mundo quere copiar o modelo do Valley. Eu non son fan de copiar, que funcione alí non significa que funcione en Galicia.

A innovación estase convertendo a un mundo de Hubs globais. Se necesitas unha empresa química vas a Alemaña, unha solución tecnolóxica a San Francisco. Se vas a Londres, da súa boca sae de forma recorrente a típica Frase: "London, full stop", eles valoran que a innovación non se externaliza, ten que xerar valor na cidade!

Actualmente o estado intenta promover a innovación en sectores pra facer fronte aos EUA (Fintech, Self-Driving, 4th Industry), por desgraza, competir neste sectores é tremendamente complicado. Primeiro temos que arranxar os anos de atraso en adopción tecnolóxica con respecto aos Estados Unidos.

Volvendo aos Hubs globais. Alguén coñece onde está o Hub mundial de tecnoloxía do mar? Xa volo digo eu, non existe! As empresas existentes están espalladas polo mundo. Temos a sorte de contar cunha delas no Val Miñor: Marine Instruments, empresa líder mundial en tecnoloxía de pesca de atún, un tremendo caso de éxito: máis de 100 enxeñeiros, traballo de calidade e unha facturación superior aos 30M€.

Que pasaría se este tipo de innovación se promovera? Existen os recursos: estaleiros, biólogos, industria, telecos e informáticos, só fai falla un plan que os poña a traballar nunha mesma dirección

Que pasaría se este tipo de innovación se promovera? Existen os recursos: estaleiros, biólogos, industria, telecos e informáticos, só fai falla un plan que os poña a traballar nunha mesma dirección, cultivar a innovación, buscar puntos de encontro entre eles e fomentar o nacemento de startups galegas.

Como ten que fomentarse esta innovación? Dando cartos? Non! Cando emigrei a Londres cheguei en pleno plan expansivo da TechCity de Boris Johnson. El, en vez de preocuparse de dar cartos para innovación, promoveu un HUB tecnolóxico dentro da cidade. A capital de ese Hub era o Google Campus, un espazo onde se fomenta o desenvolvemento do coñecemento. Catro anos despois, ese barrio é onde todo informático europeo soña con traballar, cheo de startups das máis innovadoras do mundo.

É salientable que o interese do sector existe, xa o temos validado con estaleiros, armadores, inversores, etc. Agora só hai que promovelo

O pasado febreiro organizamos unha "hackathon" sobre tecnoloxía no mar. Queriamos fomentar o fácil que é facer solucións que ninguén fai, non por complicadas, senón por descoñecemento do sector. Algo curioso nese evento foi que un construtor de nasas tivo interese por un proxecto de detección de polbos, unha solución ideal para incorporar ao seu produto. É salientable que o interese do sector existe, xa o temos validado con estaleiros, armadores, inversores, etc. Agora só hai que promovelo.

Os primeiros pasos xa foron dados pola asociación Vigolabs. Agora trabállase para facer un espazo de innovación marítimo ao máis puro estilo medialab, que promova un espazo entre laboral e lúdico, onde ter unha base de enxeñeiros cualificados para poder innovar ou aprender

Os primeiros pasos xa foron dados pola asociación Vigolabs. Agora trabállase para facer un espazo de innovación marítimo ao máis puro estilo medialab, que promova un espazo entre laboral e lúdico, onde ter unha base de enxeñeiros cualificados para poder innovar ou aprender. Ese espazo que aproveite o nome do Porto de Vigo, que se empape das feiras internacionais como son Conxemar ou Navalia. Un sitio onde os estaleiros e armadores poidan buscar solucións tecnolóxicas aos seus problemas. A creación dunha nova comunidade cunha base sólida de coñecemento do sector que despois de dous anos sexa beneficiada dun plan de axudas á innovación. Logo só queda esperar a recoller os froitos e escoitar o sector pra axudarlle a crecer.

Non existen mellores solucións que as que lle podes vender aos teus sectores primarios. A industria local debería dar ese primeiro impulso

Este é un plan tremendamente ambicioso, pero moi realista. Non existen mellores solucións que as que lle podes vender aos teus sectores primarios. A industria local debería dar ese primeiro impulso, un sector cuns ingresos de case 7.000 millóns de euros (Informe Ardan), logo hai que intentar venderlle o resto dos países. O próximo presidente ou presidenta da Xunta ten que ser valente. Terá que tomar medidas que igual son criticadas e politicamente non rendibles. Estou seguro que será tremendamente beneficioso para o futuro dos máis novos, como pasa agora co viño Albariño. O próximo presidente terá que ser valente como David Regades, el hai un ano escoitou esta idea, apostou con todo o posible por este camiño. Agora só falta que teña continuidade e non morra de inacción.

Acerca de Eloy Coto

O Porriño, 1987. Enxeñeiro de VoIP traballando pra unha empresa londiniense dende O Porriño. Co-Fundador de Vigolabs e actualmente promovendo a tecnoloxía marítima en Vigo.