A quen defenden os poderes públicos?

Como é posible que o mesmo goberno do pp que é capaz de facer recortes tan considerables nos servizos públicos como a Sanidade a Educación os Servizos Sociais e a Dependencia, sexa capaz de rescatar ós bancos e perder 40.000 millóns de euros? Supoñemos que si non o fixera, según eles: “sería unha catástrofe para o sistema financieiro do estado español”, pero deixar a unha persoa sin unha consulta médica a tempo, sin unha proba diagnóstica en tempo e forma ou sin unha intervención cirúrxica en prazo...é tamén unha catástrofe: primeiro para a persoa que o padece e segundo para un Sistema Sanitario Público en precario, dende os moitos e moi variados recortes do pp.

Según denunciaban os medios de comunicación, a Fundación Instituto para el Desarrollo de la Sanidad (IDIS) maioritaria no sector sanitario privado do estado español, e que ten entre os seus obxetivos, "poñer en valor a sanidade privada", realizou unha proposta as autoridades sanitarias, para "eliminar a lista de espera cirúrxica" do Sistema Sanitario Público. Proponlle ao Ministerio de Sanidad e ás distintas Comunidades Autónomas: "poñer os recursos dos seus 452 hospitais privados, cun custo para as arcas públicas de 1.500 millóns de euros, dos cales, 88 millóns de euros serían en Galicia, ó 2,5% do orzamento da sanidade galega e case ó 1% do orzamento total de Galicia. Continúan as conversas cas CCAA para poñer en marcha este tema………

Tamén sabemos, que estas mesmas “autoridades”, que son tan fortes c@s débiles e tan débiles c@s fortes, toleran que si se lle impón unhas multas ás grandes multinacionais, unha vez que éstas o recurren ante a Audiencia Nacional: SEMPRE LLAS QUITAN, co cál, todas as desfeitas que fan, quedan impunes (ou a sanción é tan leve que dende logo incitan a delinquir……). Recéntemente a Repsol, a Telefónica a Vodafone e Orange. A Intel (a ésta lle retiraron unha multa de 1.060 millóns de euros, neste caso o Tribunal de Justicia de la Unión Europea…) outra vez a Telefónica…

A Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia (CNMC) impón as multas e os diferentes órganos da xustiza llas retiran (cos nombramentos para ditos órganos como tod@s xá sabemos…..). A calquer persoa, unha multa ten que pagala sí ou sí. Os recursos costan cartos que @s cidadáns do común, non están dispostos a sufragar, e as multas páganse unha detrás doutra, sin posibilidades de recurrilas a instancias “máis venebolas” para que nolas retiren.

O Sistema Sanitario é o ben máis preciado que temos. Dende a democracia, dímonos uns medios para combatir e previr as enfermidades que nos costou moito. Os diferentes gobernos do pp e nas Comunidades Autónomas que temos transferida a Sanidade, fixeron unha serie de recortes que impiden que @s asegurad@s teñamos as consultas, as probas diagnósticas e as intervencións cirúrxicas, no tempo que as propias autoridades estipulan como correctas, nunha Lei (que é todo un eufemismo) que se chama de “Garantías Sanitarias”. Estas mesmas autoriades, están privatizando día sí e día tamén o Sistema Sanitario Público. Actualmente en Galicia, con nocturnidade, alevosía e en agosto...queren aprobar un Anteproxecto, o de Modificación da Lei de Saúde de Galicia que fixo o PSOE no goberno bipartito (2008). Queren privatizar a Docencia e a Investigación, reducir as Áreas Sanitarias a 7 (actualmente son 11) e converter en “distritos” 4 Áreas Sanitarias; queren deixar de desenrolar os Consellos de Saúde de Área e o máis importante o Consello de Saúde de Galicia, para poder seguir mangoneando nun Sistema Sanitario que ten costuras xá por todas partes.

Non o podemos permitir! A Sanidade ten que seguir sendo o ben máis preciado que temos e entre tod@s, debemos defendelo. A Plataforma SOS Sanidade Pública está neste cometido. Promoveremos mobilizacións e mandaremos suxestións a este novo acto do pp contra a Sanidade Pública (xá se enviaron 1.800, cando unha Lei tan importante como a de Farmacias, tivo….15).

O Sistema Sanitario Galego está en perigo e de nós depende recuperalo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.