0 Gardados para despois

Xosé Manuel Sarille

Rata

A solución non é a beata de cortar, senón a científica de pegar

O insulto forma parte da vida e por tanto as expresións insultantes son comúns nos dicionarios, a onde deben estar incorporadas, para describir plenamente os usos das linguas. A pretensión de que non aparezan é inmatura. Confunde a realidade co desexo e desvirtúa unhas compilacións que en primeiro lugar son instrumentos para abranguer a realidade, idealmente toda. Marimacho é un termo odioso e cualificar como hipócritas aos xesuítas talvez resulte inxusto. É vil chamar usureiros aos xudeus, pero acontece. O Estraviz e a RAG omiten este último insulto, mais non outros. Si, hai escolla. Ideolóxica. E todo se fai máis estulto e apoucado.

Tanto a RAE como a RAG deberían ser valentes e engadir banqueiro á voz usureiro. O mesmo que a rata: banqueiro

A solución non é a beata de cortar, senón a científica de pegar. Por exemplo tanto a RAE como a RAG deberían ser valentes e engadir banqueiro á voz usureiro. O mesmo que a rata: banqueiro. No de español falta ademais apuntar usurero para sabandija (aparece no Michaëlis, por exemplo) e outra vez banqueiro. Buscar que estea todo é o virtuoso, aínda perdendo ingresos.

 

Xosé Manuel Sarille é un dos autores do blog Viva Cerzeda, que podes ler no Obradoiro de Praza

 

Publicidade

{C}{C}{C}{C}

Acerca de Xosé Manuel Sarille