0 Gardados para despois

Xosé Manuel Sarille

Mal xuízo

As opinións do profesor Luciano Méndez sobre a sentenza da Manada repugnan. Pero que a USC abra un expediente para perseguir tales criterios debería preocuparnos a todos. O goberno universitario representa a unha colectividade coa obriga ineludíbel de defender a liberdade de expresión e de pensamento. Os artigos 18 e 19 da Declaración de dereitos humanos son o corolario dunha durísima loita de séculos, tamén nas universidades, onde se pagou  alto prezo por exercer esa liberdade.

As opinións do profesor Luciano Méndez sobre a sentenza da Manada repugnan. Pero que a USC abra un expediente para perseguir tales criterios debería preocuparnos a todos

O novo delito de odio, de aparencia civilizadora, é unha norma dúctil para o poder, e debería preocupar igualmente ás persoas máis avanzadas, porque na súa profundidade chócase o ovo da intolerancia e da persecución, monstros totalitarios e antigos. Que a universidade se deixe levar polo impulso colectivo cando decide abrir un expediente é unha noticia pésima. Cando se empurra un ioió contra abaixo con moita forza cómpre ter coidado, porque no retorno pode petar nos dentes.

¿Y si Clint Eastwood tuviera razón? Benegasyblanco.com

Publicidade

Acerca de Xosé Manuel Sarille