As vacacións das enfermidades

CC-BY-SA Praza Pública

“Toda persoa intelixente, adoita quedar como un imbécil, cando se encontra rodeada de imbéciles”. Jaume Perich Escala, El Perich (Barcelona, 05/11/1941- Mataró, 01/02/1995); escritor, debuxante e humorista.

O 29/06/2023, o ínclito conselleiro de sanidade dixo “...que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) "tentará reforzar" este verán a asistencia nos Puntos de Atención Continuada, nas zonas máis turísticas da Comunidade. Que nos centros de saúde "nunca" se cubriron as vacacións dxs médicxs, xa que no verán redúcese a presión asistencial ao haber menos patoloxías respiratorias e outras enfermidades máis propias do inverno”. Aparte de mentir, coma sempre, pois sí que se cubriron as prazas dxs médicxs titulares durante moitos anos, ata que os recortes implantados dende o ano 2009 polos sucesivos gobernos do sr. Feijoo e Rueda aplicaron unha diminución do orzamento no SERGAS (sobre todo en Atención Primaria), que fixo imposible contar con profesionais que supliran no traballo sanitario. A administración do PP, quere contar con médicxs preparadísimxs (10 anos de estudo cas prácticas) “pola comida”. Salarios de miseria (1.288 euros de soldo base) e unhas condicións laborais sin estabilidade e moita precaridade. Xs profesionais, lóxicamente, van a lugares que prestixien o seu traballo e reciban un salario digno por exercelo e que non teñan que estar “esperando” a que o/a burócrata de turno xs chame para realizar unha substitución hoxe aquí e mañán alá...substitución que pode ser por horas, cando traballan o día enteiro, por días, cando van traballar semans e por semans cando o/a titular se xubila ou enferma de larga duración. Este ninguneo, non o atura calquer persoa que poda axercer a súa profesión con estabilidade e un salario acorde ca responsabilidade do cargo.

É verdade que hai enfermidades, en xeral, que se manifestan dunha forma máis acusada no inverno: problemas respiratorios, artrósicos, farinxite, amigdalite, etc. pero non quere dicir ísto, como dí o “físico” responsable de sanidade, que non se produzan noutras épocas do ano: as enfermidades crónicas, chámanse así por manifestarse de forma recurrente, non descansan en “vacacións”. Na primavera, aumentan as enfemidades de tipo alérxico e no verán os golpes de calor e as queimaduras solares, as intoxicacións alimentarias, conxuntivite, enfermidades causadas por picaduras de insectos ou o pé de atleta; os traumatismos relacionados cas praias, con maiores desprazamentos, etc...pero insisto: a patoloxía da xente que precisa do seu Médico de Atención Primaria, sigue existindo: so tiña que mirar as axendas (si sabe o que é íso) e verá que as consultas diarias, repito diarias, non baixan de 40-50 persoas incluso no verán.

A práctica do PP de reducir o número de camas hospitalarias en verán (665 na Galiza) é unha estratexia equivocada: si xs pacientes dende Urxencias non suben a planta por non ter as camas abertas, xs que as precisan dende Urxencias dos Hospitais, non poden liberar o servizo, para poder atender a outrxs pacientes. A maiores, si os Centros de Saúde están baixo mínimos, as persoas que precisan asistencia, e non son atendidxs, irán ós Servizos de Urxencias e o colapso está garantido (como o vemos todxs xs que utilizamos a Sanidade Real e non o ven xs que cobran por resolver estos problemas). Os eufemismos, levan a pensar que falan para tontxs: en lugar de falar de peche de camas dín: “reorganización asistencial”, e que “as camas e as plantas non se pechan, si non que se “adaptan” á demanda e ás vacacións do persoal”...e quédanse tan anchos!

Que se produza todolos anos, non quere dicir que “é o normal”: as entidades que defendemos a Sanidade Pública, sempre dicimos que precisamos inversións, para reducir as listas de agarda, tanto en consultas, como en probas dianósticas, como en intervencións cirúrxicas, pero claro, para ísto, precísase persoal e...sobre todo cartos, algo que a administración do PP, con once mil millóns de orzamento para o ano 2023, non está disposta a facer...

Sempre nos preguntamos, que fan con ese diñeiro do que dispoñen cada ano? Non poden destinar “algo máis” a resolver os problemas do ben máis preciado que temos, que é a nosa saúde!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.